Amosando publicacións coa etiqueta Departamento Lingua e Literatura Galega b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento Lingua e Literatura Galega b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 31 de outubro de 2020
CARBALLEIRA SEGUE AO RITMO DAS LETRAS
O 17 de maio o Departamento de Lingua e Literatura Galega puxo en marcha esta actividade para compartirmos música en galego nas redes sociais.
Hoxe, 31 de outubro, volve celebrarse o Día das Letras Galegas.
Aquí tedes algunhas das participacións, pero podedes consultar o resto ou facer novas recomendacións na historia destacada do nosto Instagra "L. Galegas".
Novamente, feliz día!
#diadasletrasgalegas
#RicardoCarvalhoCalero
https://www.instagram.com/p/CHA0lagiIc2/?igshid=by4cuf7i4e78
luns, 11 de maio de 2020
CARBALLEIRA AO RITMO DAS LETRAS
Carballeira ao ritmo das Letras
Co gallo do Día da Letras Galegas convidámosvos a encher as redes socias de música en galego.
Quen dixo que en galego só existe música tradicional? Trap, pop, rap, reguetón, rock, indie, folc...o galego é a lingua empregada por numerosos grupos e artistas para a súa música. Animádesvos a coñecelos e presentárllelos ás vosas seguidoras e seguidores?
Durante esta semana, semana das Letras Galegas, propoñémosvos pendurar nas vosas redes sociais (Facebook, Instagram, Twetter, TikTok...) cancións en galego dos estilos que máis vos gusten; podedes acompañalas do que queirades (imaxes, textos, vídeos...), pero sempre debedes publicalas co cancelo #carballeiraaoritmodasletras.
Ademais, se empregades o Facebook ou o Instagram, podedes nomear tamén o instituto (IES Johán Carballeira en Facebook e @iesjcarballeira no Instagram).
Como dixo Ricardo Carvalho Calero: “Galiza nace à historia quando o galego nace”, non deixedes que esmoreza.
Esta é a nosa escolla e a nosa pequena homenaxe ao autor, agardando que o 17 de maio de 2021 poidamos celebrar como merece o seu Día das Letras Galegas.
xoves, 5 de marzo de 2020
VISITA DAS TANXUGUEIRAS
As Tanxugueiras explicáronnos o martes como grazas á música tradicional galega coñeceron países como Cuba ou a India, onde levaron o seu bo facer e compartiron cancións.
Defenderon o seu feminismo e a renovación da tradición popular, así como o orgullo de faceren música en galego nun mundo de homes e no que a mocidade non adoita escoitar música nesta lingua.
Sen dúbida, unha boa forma de ir celebrando o 8 de marzo.
Aquí vos deixamos un vídeo para que as coñezades ou as volvades gozar.
mércores, 1 de maio de 2019
ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL, MÚSICA E LITERATURA
O mundo vai demasiado lento para min. A reaildade dórmeme, abúrreme, non me gusta. Quen puidese premer un botón e acelerar os sucesos. Por que tanto agardar?
"Centro cidade", Bonus track
Rosalía Fernández Rial compartiu connosco este luns reflexións e impresións sobre o seu libro de relatos poéticos e musicais Bonus track.
Lido e traballado polo alumnado de 1º de bacharelato o trimestre pasado, consta dunha serie de relatos nada canónicos, punk e sorpendentes que, a pesar diso, non perden a oportunidade de facernos reflexionar sobre a opresión das mulleres, a identidade sexual e as persoas inmigrantes, indixentes ou, simplemente, marxinadas nesta sociedade. Todos os contos están inzados de referencias literarias, artísticas e,sobre todo, musicais.
Por iso comezou a sesión cun recitado de fragmentos dalgúns relatos, acompañados desta música tan importante na obra. A continuación tivemos un interesante coloquio, no que moitas das preguntas tiveron relación co sentido dalgúns finais de difícil interpretación, aínda que ela xa nos advertira de que, desde o momento en que o publicou o libro, xa é máis noso ca seu.
Falamos do que é ou non é arte, da rebeldía xuvenil ou das drogas, así que non podemos máis que agradecerlle que se achegase desde Cabana de Bergantiños ata Bueu (aínda que fose sen bou) e que nos fixese reparar nese acento noso que a ela tanto lle gusta.
Velaquí vos deixamos un Vídeo sobre o libro.
venres, 22 de febreiro de 2019
CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, mais na Biblioteca comezamos a homenaxeala moito antes. Decidimos crear un curruncho de Feminismo que quixemos inaugurar con ela. Dúas das nosas voluntarias, Carmen e Laura encargáronse de facelo.
Pero na nosa Biblio, como ben sabedes, facemos de todo, e préstannos os xoguetes novos, así que decidimos montar un puzzle ben chulo sobre Rosalía.
Parabéns polo traballo, equipo, e grazas polo tempo que nos regalades!
xoves, 10 de maio de 2018
SANTIAGO LOPO NA BIBLIOTECA
"Non desbotedes nunca o que escribides na adolescencia, nunca se sabe cando podedes retomalo"
O pasado 3 de maio o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de compartir unha sesión con Santiago Lopo, autor de Hora zulú e A Diagonal dos Tolos, lecturas deste curso.
Contounos datos moi curiosos sobre como se lle ocorren as súas obras, a súa visita á illa da Reunión (onde transcorre a maratón extrema relatada n´A Diagonal dos Tolos), a escravitude, o paso do tempo, o deporte, a ecoloxía... Tamén nos dixo que nalgunha das súas obras recuperou textos que escribira na adolescencia que xa tiña case esquecidos.
Foi unha nova maneira de achegarnos á literatura, podendo contactar coa persoa da que xorde.
Velaquí algunhas opinións do alumnado sobre estas obras:
A Diagonal dos Tolos"O libro está xenial. Encantoume como está redactado e non me aburría nin me cansei en ningún momento. Creo que todo está moi ben relacionado; a historia de Pierre e P., os paxaros Dodo...Gustoume máis a historia de P., pareceume moi interesante e encantoume coñecer como trataban os escravos daquela".
MARÍA BROCOS
"Esta obra gustoume non só porque fala de deportes, senón tamén pola forma de compaxinar a historia de Pierre coa do escravo P. O personaxe de Pierre gustoume moito polo afán de superación ademais da vinganza ao seu pai e o mérito que ten cumprir o reto adestrando só un par de meses".
VÍCTOR MALVIDO
Hora zulú
"A dicir verdade, había tempo que non lía un libro tan bo. Gustoume moito a estrutura e os cambios de historia, facía estar en constante atención á historia e non perder o fío. Pareceume extraordinario como o autor puido mergullar tantos datos reais nunha historia ficticia. Á parte de pasalo ben co libro, aprendín moitas cousas interesantes".
ANA MARIÑO
"O que máis me gustou foi como se contaban as historias que ao parecer non gardaban ningunha relación pero ao final se unen todas a raíz do Profesor, que é o tronco e o meu personaxe favorito, xunto con Ana, polo enxeño que ten. Faltoume unha contestación de Fran a todas as cartas de Ana para coñecer a súa opinión sobre o tema".
MARTA BARREIRO
"Penso que é un libro interesante porque sempre mantén a intriga e realmente cando o lin púxenme a pensar como foi que o Profesor chegara á costa e, sobre todo, quen era en realidade. Este é o meu personaxe favorito porque era máis intelixente ca os psiquiatras aínda que supostamente estivese tolo. Aínda que ás veces os seus discursos me resultasen aburridos, si que se deberían ter en conta algúns, especialmente os relacionados coa ecoloxía.
Hora zulú non é só unha hora entretida sobre enfermos mentais e os seus pasados, senón que tamén serve para reflexionar sobre diferentes temas políticos, ecolóxicos, científicos e filosóficos".
DANIEL OTERO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


