☀️📚 Achégase o final de curso e na BiblioCarballeira xa estamos traballando para que non falten boas lecturas durante as vacacións. Estes días estamos catalogando novidades que quedan á vosa disposición nos andeis da biblioteca, listas para chegar ás mans da comunidade educativa.
Temos á vosa disposición propostas para distintos gustos e idades: novelas que enganchan, historias para viaxar sen saír da casa, libros para pensar, cómics, aventuras, misterio, fantasía ou divulgación. O obxectivo é ofrecer unha selección variada que permita atopar unha lectura axeitada para cada persoa. Só tedes que achegarvos á biblioteca e pedir o que vos apeteza ou solicitar recomendacións.
🎥 E isto non queda aquí!
Ao longo destas últimas semanas estamos publicando na nosa canle de Instagram as nosas vídeo recomendacións lectoras de verán. Cando todas vexan a luz, recompilarémolas neste mesmo blog para que as teñades xuntiñas.
📖 O verán lese mellor cun bo libro na man.
