Rss Feed
  1. Biblioteca inclusiva 2020

    xoves, 17 de decembro de 2020

     Ampliamos os nosos fondos na sección de Biblioteca Inclusiva con temáticas variadas. A nosa oferta tenta informar sobre todos os aspectos sociais que presenten prexuízos en calquera ámbito.

    Esperamos que vos gusten!












  2. RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

    mércores, 16 de decembro de 2020


    Un ano máis, desde a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo fannos chegar as súas recomendacións para este Nadal.
    Guía para secundaria

  3. VISITA DE EVA MEJUTO AO NOSO CENTRO

    xoves, 10 de decembro de 2020

    O 23 de novembro pola tarde visitounos a escritora Eva Mejuto, que co seu libro nos chegou ao corazón. Explicounos como escribiu a súa creación e o traballo que dá. Foi unha parrafada moi interesante e amena. Ao final despedímonos dela e agradecemos que viñese. Martín Fernández Leal 3ºA
    Eva Mejuto é unha escritora de cabelo non moi longo, liso e marrón, tirando a louro, de estatura media e con lentes. Escribiu libros como A casa da mosca chosca, Tres desexos... 22 segundos foi o libro sobre o que tivemos a charla o alumnado de terceiro de 3º ESO A e B. Fixemos preguntas de todo tipo e respondeunos a todas. Ás veces parecía quedar sen palabras ante tanta participación, pero ela conseguiu seguir respondendo. Contounos, entre outras cousas, que o portada do libro é unha foto do seu amigo Adrián e a súa importancia na historia do libro. Tamén nos contou que creou o avó coma o avó que lle gustaría ter, xa que non coñeceu aos seu avós. Fíxose curta a charla. Miguel Peixoto Riobó 3ºB

  4.  





  5. 25 de novembro de 2020

    mércores, 2 de decembro de 2020

     

    Neste atípico ano, a pandemia privounos de moito, desde experiencias ata persoas... pero nós mantivemos o noso espírito e esencia revolucionarios e loitadores, que non deixaron indiferente a ninguén este 25 de novembro. Desde o equipo do voluntariado da biblioteca presenciamos a unión de todo o alumnado do noso instituto baixo unha nobre causa, a loita contra a violencia de xénero. Vídeos, pancartas, debuxos, exposicións, recreacións das que diferentes grupos do centro son partícipes, tanto o alumnado da ESO e Bacharelato, como o estudantado de ciclos e FP. 

    Pola nosa banda, o voluntariado decidiu facer un gran cartel baixo a misiva "NON É NON" e varios vídeos conmemorativos, con motivo desta data, con mensaxes de apoio e recomendacións de lecturas feministas. Ditas lecturas foron expostas na entrada, para amosar como a literatura tamén conforma parte desta pugna por acadar a igualdade. Non queremos nin unha menos, nin golpes que doan, nin verbas que firan. O machismo e a violencia non son unha opinión, pois a igualdade e a xustiza non se negocian. 

    Antía Novas Arribas. 1º bacharelato A.