Rss Feed
  1. Día do Libro con novidades na nosa Biblio

    martes, 23 de abril de 2019


    O día 23 de abril é o Día do Libro e os Dereitos de Autor. Na nosa biblio quixemos conmemoralo abrindo un novo recuncho LGTB que veredes ir medrando nas próximas semanas.
    E que é o que vos ides atopar neste novo espazo na biblioteca? Amosámosvos unha foto, pero pasádevos por aquí, que logo haberá máis novidades!





  2. Dende o Departamento de Tecnoloxía, e inspirándonos no libro da II Feira "La vuelta al mundo de un forro polar rojo", iniciouse no centro este curso unha campaña de reciclaxe.
    O alumnado de 3º de ESO formouse nesta temática por medio de diversas actividades: unha charla de SOGAMA, a visita ao composteiro de As Lagoas cunha clase "in situ" da mestra e o mestre composteiro, unha charla de Pilabot (concurso no que participou todo o alumnado e do que podedes ver os resultados do top ten da reciclaxe aquí) e unha charla de Resíduo Mínimo Morrazo.






    O alumnado de 3º foi ás aulas de 1º e de 2º para explicarlles como hai que reciclar e puxéronse contedores de papel, plástico e pilas na entrada e na sala do profesorado e de plástico e papel nas aulas e despachos.
    Para a reciclaxe, contamos co labor indispensable do persoal de limpeza a quen lle agredecemos o seu esforzo.



    Enmarcado nesta campaña, o alumnado que ten horas de titoría presenciais, adican unha vez ao mes para percorrer o centro e comprobar que non haxa papeis, plásticos e outro lixo polo chan e no patio.
    Pasados estes meses, e sabendo que aínda temos marxe para mellorar, valoramos moi positivamente o cambio de hábitos que se está a producir. Bo traballo!

  3. Fernando Aguado vén ao Johan Carballeira

    sábado, 13 de abril de 2019

    O martes 26, Fernando Aguado veu dar unha charla ao alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.
    Na entrada anterior puidestes ver o que a prensa subliñou do seu paso polo Johan Carballeira... e con que nos quedamos nós?
    Pois co seu didactismo e o bo rato que nos fixo pasar aprendendo cousas.
    Non só falou de nanosatélites, falamos de detectar vida noutros planetas, da ética no gasto en astronáutica, do método científico, de futuro profesional, gustounos como animou ás nosas rapazas para que escollan carreira científicas e tecnolóxicas e como loubou o ensino en Galicia, que prepara ao alumnado para traballar en calquera equipo de investigación punteiro.
    Fernando prestouse a resolver todas as dúbidas que o alumnado tivese respecto á charla ou incluso do seu futuro profesional para aqueles que xa teñen claro que queren estudar unha enxeñería.



    Agradecemos a Fernando ternos adicado o seu tempo, realmente foi unha charla na que alumnado e profesorado sacamos moito proveito!







  4. Cando Verne amarrou en Vigo

    A necesidade de busca da nosa identidade lévanos a crer nas novelas que nos fan pensar nela, como acontece con Cando Verne amarrou en Vigo, de Paco Climent. Tomando como base personaxes e episodios reais, o autor recrea un argumento no que ten moito peso a historia galega e no que se pon de manifesto a necesidade de defender o que é noso.
    A través do feito real da visita do novelista Xulio Verne á cidade de Vigo, ármase unha novela intrigante, poderosa, con personaxes e escenarios perfectamente identificables para o lectorado galego, e cunhas aventuras nas que se imbrica perfectamente o real co ficticio. O resultado é unha historia da que gozaremos tanto as persoas cativas como as máis adultas, e volveremos descubrir a maxia dos libros de Verne, algo que xa observamos por exemplo noutra novela de Ledicia Costas: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.
    Acompañamos aquí a Wenceslao Viñal, un arqueólogo falangueiro e defensor da cultura e historia propia, e a Pepe Varela, un mozo de quince anos que o acompañará nas súas peripecias para impedir que compañías estranxeiras saqueen os tesouros afundidos na baía viguesa. Nesa aventura interxeracional atoparán a Xulio Verne, quen no ano 1878 recalou en Vigo a bordo da súa goleta Saint- Michel.
    Esta novela lembroume os meus anos de instituto, cando me acubillaba tardes enteiras nos libros e na compañía duns personaxes que me ensinaban a expresarme e, ao mesmo tempo, a aprender sobre o pasado. Por iso me gustou tanto Cando Verne amarrou en Vigo e, quizais, tamén por esa característica de defensa férrea dos recursos propios.
    O autor recrea unha novela de aventuras para, no fondo, levarnos da man cara ao coñecemento da nosa historia, poñendo o foco na necesidade de saber de onde vimos para ter claro cara onde avanzamos. E non hai que esquecer tampouco que estamos diante dunha historia cunha forte compoñente de inclusión social, pois fai un esforzo por normalizar as discapacidades e humanizar as persoas, como acontece no caso do mozo Pepe, quen confesa cara ao remate do libro:

    “E, como non ía ser maduro de máis para os meus anos, mesmo aburrido, se ninguén me permitira demostrar que tamén podo ser atrevido e incluso unha miga pirata? Ademais, case todos os piratas fachendean dalgunha deficiencia física que os fai especialmente atractivos e non por iso menos afoutos. E á imaxinación non me gaña ninguén”.

    Mentres lemos a Paco Climent experimentamos o profundo orgullo que el sente por ter a oportunidade de iniciarse na lectura grazas aos libros do gran Xulio Verne, escritor ao que el rende deste xeito unha homenaxe evidente. El, ao igual que tantas persoas e xeracións enteiras, débelle un gran favor a Verne, culpable de enganchalo á aventura de ler.  Por iso, nesta II Feira da Ciencia e da Literatura, o autor francés é protagonista, para demostrarnos que a imaxinación e a ciencia non sempre se atopan tan lonxe, e que a investigación da historia é máis necesaria ca nunca.

    “Vin anacos enormes de canóns de bronce; botellas de vidro que se poderían usar sen problema ningún; cravos e fibelas de cobre; varios recipientes de arxila cheíños de cochinilla e doutros colorantes en perfecto estado; cuncas e pratos de cerámica fina milagrosamente intactos. Vin tamén balas de canón de grosores moi diferentes, así como metralla que servía para varrer a cuberta e tallar a arboradura dos buques”.

    Ficha técnica
    Título: Cando Verne amarrou en Vigo
    Autor: Paco Climent
    Editorial: Editorial Luis Vives
    Ano de publicación: 2005
    Número de páxinas: 165

























  5. La cuchara menguante
    “La tabla periódica es un prodigio antropológico, un artefacto humano que refleja todos los aspectos maravillosos, artísticos o detestables de los seres humanos y de nuestra interacción con el mundo físico: la historia de nuestra especia escrita en un texto conciso y elegante. Merece ser estudiada a todos estos niveles, comenzando por el más elemental y moviéndonos de manera gradual hacia los de mayor complejidad”.
    Xamais imaxinaría que a táboa periódica contiña historias tan interesantes. Nunca antes pensara nos centos de persoas que se agochan detrás da descuberta dos 103 elementos que hoxe compoñen este instrumento científico. Foi precisamente grazas ao libro de Sam Kean, La cuchara menguante, que descubro marabillada os segredos ocultos dos elementos, os cales comprendo desde o máis básico ata o más complexo. Precisamente aquí é onde radica o valor deste libro que contén unha infinita sabedoría, e no que se relacionan as ciencias coas distintas sociedades, podendo observar na xénese de cada elemento a influencia do tempo histórico no que foi descuberto.
    La cuchara menguante defínese coma unha proposta ambiciosa, da que aprenderemos tanto as persoas adultas como os mozos e mozas que se están iniciando na ciencia e non comprenden os segredos dos elementos. Unha historia apaixonante, na que atopamos intensas relacións coas letras: no caso por exemplo da nomenclatura que se adoptou para identificar os elementos que se ían descubrindo, na que se nota unha gran influencia das linguas clásicas (latín e grego) e, máis adiante, das persoas e incluso países nos que viron a luz.
    Se indagamos máis alá e lemos a táboa periódica en sentido horizontal, liña a liña, aprendemos das relacións entre elementos e mesmo algunhas rivalidades e antagonismos non agardados. Cunha linguaxe a cabalo entre a divulgación e o ensaio científico, o libro lese como unha historia de aventuras, nas que os elementos constitúen o inicio da vida, mais tamén experimentan cambios e son a medida de moitos dos avances científicos que nos fan medrar como sociedade.  Precisamente, a historia que máis me chegou foi a batalla librada pola descuberta do radio da man de Marie Curie, a única muller científica que recibiu dous premios Nobel.
    En íntima relación coa ciencia, atopamos referencias ao uso dos elementos como catalizadores políticos, unha crítica moi aceda ao escaso apoio que desde as institucións se lles da á investigación, unha área que sofre sempre recortes cando entramos en crise. Sirva esta publicación como un manifesto da necesidade da ciencia, porque só grazas a ela podemos coñecer o pasado e avanzar nun futuro máis próspero. Oxalá cando ía ao instituto descubrira este libro, estou segura de que tería comprendido moito mellor o papel do wolframio na Segunda Guerra Mundial, o que simbolizou o radio para a medicina, as loitas que se deron e dan en moitos países subdesenvolvidos polos elementos (caso do coltán no Congo), as melloras nas condicións de vida parellamente aos avances científicos...
    Nestes momentos, cando se teima en rematar co pensamento crítico, libros coma estes contribúen a abrir a mente e a sementar a curiosidade de saber máis.
    Ficha técnica
    Título: La cuchara menguante
    Autor: Sam Keam
    Traductor: Joan Lluís Riera
    Editorial: Ariel
    Ano de publicación: 2011
    Número de páxinas: 423


  6. AXENDA FIN DE SEMANA DO 12 AO 14 DE ABRIL

    venres, 12 de abril de 2019

    Qué hacer este fin de semana en Pontevedra

    Cursos de cocina infantil 2018-2019 - Cocina con tu mejor pinche. Pascua

    CURSOS Y SEMINARIOS

    Cursos de cocina infantil 2018-2019 - Cocina con tu mejor pinche. Pascua
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Cocina en familia Impartido por La cocina de Montse RECETAS: Tomates rellenos de atún // Galletas de naranja[leer +]
    Club de lectura juvenil El Club de los Bibliófagos

    LIBROS

    Club de lectura juvenil El Club de los Bibliófagos
    Lugar: Casa del Libro - Vigo
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Club de lectura juvenil coordinado por Pablo García y Dani Portela. El libro a comentar en la sesión de este mes es EL ORGULLO[leer +]
    Iria G. Parente y Selene M. Pascual - El Orgullo del Dragón

    LIBROS

    Iria G. Parente y Selene M. Pascual - El Orgullo del Dragón
    Lugar: Casa del Libro - Vigo
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Presentación de EL ORGULLO DEL DRAGÓN, de Iria G. Parente y Selene M. Pascual, publicada por Nocturna ediciones.[leer +]
    Taller de conejitos de pascua

    CURSOS Y SEMINARIOS

    Taller de conejitos de pascua
    Lugar: Casa del Libro - Vigo
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Para niños a partir de 4 años, acompañados por un adulto. Plazas limitadas. Haz tu reserva en vigo@casadellibro.com[leer +]
    Saratoga + Motores

    CONCIERTOS

    Saratoga + Motores
    Lugar: Sala Master Club - Vigo
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Saratoga es una banda de heavy metal y Power metal original del madrileño barrio de Vallecas. Nos vistan acompañados de los[leer +]
    Tony Delgado y el Primo

    CONCIERTOS

    Tony Delgado y el Primo
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    FERIA DE ABRIL EN VIGO Noche flamenca para bailar y disfrutar con las rumbas y sevillanas de estos dos grandes artistas…!!![leer +]
    Antonio Tato

    CONCIERTOS

    Antonio Tato
    Lugar: Pub El Contrabajo - Vigo
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Antonio Tato nos mostrará los temas de su primer disco "Snake, Sailors & Fire". Sonarán temas de Bob Dylan, Johnny Cash,[leer +]
    Dj Frank Seventy

    ESPECTÁCULOS

    Dj Frank Seventy
    Lugar: Tipo X - Vigo
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Sesión de grandes éxitos de todos los tiempos.[leer +]
    O florido pensil

    TEATRO

    O florido pensil
    Lugar: Auditorio da Asociación Emilio Crespo de Navia - Vigo
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Charaviscas Teatro presenta: "O florido pensil"[leer +]
    Sesiones acústicas + Micro abierto

    CONCIERTOS

    Sesiones acústicas + Micro abierto
    Lugar: Sala la Nube - Ponteareas
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Sesiones acústicas y micro abierto a las 00:30H.[leer +]
    Cooltrain

    CONCIERTOS

    Cooltrain
    Lugar: Kominsky - Vigo
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Uns remodelados Cooltrain preséntanse de novo en Vigo, nesta ocasión na sala Kominsky (Irmandiños n°3, Vigo), con nova formación,[leer +]
    Fondo Norte + The Lelli Kelly's

    CONCIERTOS

    Fondo Norte + The Lelli Kelly's
    Lugar: Sala Karma - Pontevedra
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Avecíñase unha gran noite en Pontevedra... O SÁBADO 13 DE ABRIL estará na Fondo Norte + xunto a The Lelli Kelly's[leer +]
    Trompas de Farlopio + Portal Mental

    CONCIERTOS

    Trompas de Farlopio + Portal Mental
    Lugar: El Pequeño - Pontevedra
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    🔥🔥🔥 Este sábado 13 de abril a partir das 20:00h Trompas de Farlopio no El Pequeño, pero antes teremos[leer +]
    El deber es beber

    ESPECTÁCULOS

    El deber es beber
    Lugar: Cervexa Nasa - Pontevedra
    Fecha: 13 de Abril de 2019
    Recaudación de fondos para el cortometraje Sin Aliento, que se grabará en el mes de junio en Pontevedra y alrededores.[leer +]
    Little G Weevil con Del Toro Blues Band. Ciclo Internacional de Blues Mais Que Blues

    CONCIERTOS

    Little G Weevil con Del Toro Blues Band. Ciclo Internacional de Blues Mais Que Blues
    Lugar: Sala Rouge - Vigo
    Fecha: 14 de Abril de 2019
    Little G Weevil con sede en Atlanta, GA, aunque oriundo de Budapest, será el encargado del siguiente concierto del Mais Que[leer +]
    Carmen?

    ESPECTÁCULOS

    Carmen?
    Fecha: 14 de Abril de 2019
    "Carmen?" 💃. Século XIX. GALICIA. 🎶A famosa ópera Carmen, composta por Bizet, estréase en[leer +]
    Sesión Vermut Pop, Rock & café con leche

    ESPECTÁCULOS

    Sesión Vermut Pop, Rock & café con leche
    Lugar: La Leyenda - Vigo
    Fecha: 14 de Abril de 2019
    Pop Rock & Cafe Con Leche Grupo de versiones Pop y Rock en español de todos los tiempos, integrado por Núria González y Tincho[leer +]
    Ashi Wada Group feat. Julia Holter&Corey Fogel

    CONCIERTOS

    Ashi Wada Group feat. Julia Holter&Corey Fogel
    Fecha: 14 de Abril de 2019
    O Festival Sinsal Primavera Vigo fainos catro propostas sonoras singulares nos meses de abril e maio. Dous espectáculos especiais[leer +]
    XIV Festival Coral de Música Sacra

    CONCIERTOS

    XIV Festival Coral de Música Sacra
    Lugar: Concello de Vigo - Vigo
    Fecha: del 11 al 16 de Abril de 2019
    A Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) organiza a décimo cuarta edición do Festival Coral de Música Sacra,[leer +]
    Descubre las utilidades de la informática e internet

    CURSOS Y SEMINARIOS

    Descubre las utilidades de la informática e internet
    Fecha: del 12 de Marzo al 23 de Abril de 2019
    El Espazo +60 Afundación de Pontevedra organiza un curso para descubrir las utilidades de la informática e internet. En él[leer +]
    Descubre las utilidades de los móviles

    CURSOS Y SEMINARIOS

    Descubre las utilidades de los móviles
    Fecha: del 12 de Marzo al 23 de Abril de 2019
    El Espazo +60 Afundación de Pontevedra organiza el curso Descubre las utilidades de las tablets y móviles. En[leer +]
    Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo

    EXPOSICIONES

    Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo
    Fecha: del 27 de Febrero al 1 de Junio de 2019
    A finales de febrero sacamos a la luz un nuevo trabajo fotográfico del artista Xosé Abad, «Nais e fillas. Dúas xeracións,[leer +]
    Latexos na Colección de Arte Afundación

    EXPOSICIONES

    Latexos na Colección de Arte Afundación
    Fecha: del 29 de Noviembre de 2018 al 29 de Junio de 2019
    La Sede Afundación de Vigo abre sus puertas a «Latexos na Colección de Arte Afundación», una nueva exposición que selecciona[leer +]
    Tai Chi

    DEPORTES

    Tai Chi
    Fecha: Todo el año
    O tai-chi busca mediante movementos relaxados e armoniosos combinados cunha correcta respiración beneficios físicos e mentais.[leer +]

    Patinaxe Artístico

    DEPORTES

    Patinaxe Artístico
    Fecha: Todo el año
    A patinaxe artística é unha actividade que combina a execución de exercicios acrobáticos sobre patíns ca danza.[leer +]