Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de febreiro de 2023

Resolución do concurso de memes

Chegou o día, e xa temos memes gañadores do I concurso. A súa calidade e a súa gracia son innegables; parabéns ás persoas premiadas!

Noara e Andrea, de 2.º ESO B, cren que a mellor forma de ensinar é predicando co exemplo.




Héctor e Jaime, tamén de 2.º ESO B, pecaban de pesimistas e non agardaban que moita xente se disfrazase.



Judith e Noa, de 2.º ESO B (non podía ser doutro xeito), adoitan facer todos os exercicios que manda o profesorado, pero ás veces...



Por último, Fabiola e Hugo, de 3.º ESO B, abogan por un espazo libre de fumes.












mércores, 15 de febreiro de 2023

I concurso de memes

Dende a Biblioteca do IES Johan Carballeira estamos organizando un festival de memes para o 24 de febreiro. Ese día serán proxectados na biblioteca no recreo os memes e votarase polos mellores. Haberá premios para os tres primeiros postos, que se decidirán polas puntuacións do xurado e do alumnado. A temática dos memes é... os anos 80! Como sabedes este é tamén o tema do Entroido no noso instituto este curso.




As plantillas coas que podes elaborar o teu meme están dispoñibles neste enlace.

martes, 27 de febreiro de 2018

Entroido de conto



E chegou o Entroido ao Johan Carballeira...


Este ano organizamos a Olimpíada do Entroido, na que os nosos alumnos e alumnas tiveron que demostrar canto saben sobre o Entroido e sobre os contos clásicos.

Nove foron os equipos (de 1º, 2º e 4º ESO) que se presentaron a esta olimpíada. As máis rápidas, as nosas alumnas de 1º, que chegan con forza ao noso insti. Para declararse campioas era preciso completar as sete probas que lles formulaban.

O alumnado voluntario da biblioteca e o de 1º de bacharelato de Ciencias Sociais convertéronse por un día en árbitros desta competición.


Aquí vos deixamos un percorrido por este Entroido de CONTO...







Gañadores Olimpíada




Gañadores  mellor disfraz





Aquí vos deixamos unha mostra deste día de conto


Os membros da biblioteca.






Os profesores.








2º Bacharelato A








                        As profesoras


Estética


Olimpíada na Biblioteca