Rss Feed
  1. Día da Poesía 2021

    luns, 22 de marzo de 2021

     ¡Feliz Día da Poesía! Agardamos que vos guste este vídeo feito coa palabra e co corazón, cheo de Federico García Lorca e Ana Milán, de Rosalía de Castro e Carlos Negro, de Pedro Salinas, de Andrea Nunes, de Miriam Ferradáns, de Ana Romaní, de Xela Arias...



  2. XANTAR LITERARIO

    martes, 16 de marzo de 2021

     Onte algunhas alumnas do Club de lectura de primeiro e segundo da ESO compartiron pizza e argumentos literarios nas gradas do patio do instituto, unha combinación sabrosa e fructífera aderezada por un sol maravilloso que brillou en todo momento.


    Laura, Níobe, Adela, Leire, Ana, Antía, Uxía, Paola e Mar compartiron os argumentos dos libros que están a ler esta tempada: Dez negriños, La Ratonera, O diario vermello de Carlota, Invisible ou My Hero Academia.


    Foi un xantar de luns diferente e agradable para as membros do club que, sen dúbida repetirán, ademáis de outras actividades que estiveron planificando e que tamén compartirán con todos vos……


    Moitas grazas a todas!!!











  3. 8 M 2021 VISIBILIZANDO AS MULLERES

    xoves, 11 de marzo de 2021

     "Visibilizando as mulleres", actividade comezada o curso pasado e que xa forma parte do Proxecto da Biblioteca, celebrouse este ano cos grupos de 1º ESO e coa colaboración do Voluntariado de 1º de bacharelato. Como é habitual o alumnado xogou a adiviñar quen estaba debaixo da manta a través dunha batería de preguntas con cuxa resposta lograron visibilizar a mulleres de distintas épocas e lugares: Mary Shelley, Ágatha Christie, Almudena Grandes e Irena Sendler.

    Queremos destacar o valioso labor do Voluntariado que axudou a xente miúda a coñecer catro figuras claves do feminismo e da literatura universal.

    Podedes consultar máis fotos e vídeos na historia destacada 8M20 da conta de Instagram da biblio @bibliojcarballeira.

    Grazas💜