Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca.. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de xaneiro de 2020

Cuando un club de lectura te enseña, te conciencia y te emociona.


Grupos de alumnado de diferentes etapas, profesorado y personal no docente: este curso el club de lectura está siendo todo un éxito. Historias como las de O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas o Invisibles de Montse Fajardo nos han cautivado con buenas dosis de realidad, visibilidad y concienciación.
¡No hemos podido terminar el trimestre de mejor manera! 



Continuaremos en enero con nuevas historias, nuevas lecturas que nos llevarán a vivir nuevas vidas, que nos harán aprender, empatizar y puede que emocionar.

¡Geniales Club de lectura ROLENDIS!

luns, 9 de decembro de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo. A dignidade e a liberdade das mulleres, a nosa integridade, todos nosos dereitos vense vulnerados, independentemente do ámbito no que se produza.

Desde as Bibliotecas Escolares apóiase e conmemórase este día e na Biblio Carballeira montouse un stand con recomendacións de libros que tratasen dun xeito ou doutro a violencia de xénero e o machismo.

Alumnado, profesorado e demáis comunidade educativa tiveron a súa disposición exemplares tales coma Tomates verdes fritos, Los girasoles ciegos, Era nova e sabia a malvaísco ou Penúltimas tendencias.

A literatura é unha arte máis que nos axuda a recordar feitos e costumes machistas, que desgraciadamente, todavía seguen a rematar en morte en demasiadas ocasións. Que a cultura e o arte sexan non o espello, senon a ponte que vemos lonxe e que non se vai cruzar, porque xa se entende que, o da outra banda da ponte, chámase asasinato.

luns, 4 de novembro de 2019

Día das Bibliotecas. 24 de outubro de 2019.

O pasado xoves 24 de outubro conmemorouse o día das bibliotecas e dende o equipo da mesma decidimos levar a cabo unha actividade onde alumado, profesorado e, en xeral, toda a comunidade educativa recomendaran unha lectura. Expuxéronse no vestíbulo as fotografías das recomendacións e proxectouse un vídeo con elas. 

Grazas a todos e todas pola vosa participación! 


mércores, 10 de abril de 2019

A Biblio coa Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

Ben sabedes que hai unhas semanas tivemos a sorte de ter connosco no instituto a Ángel Carracedo e a Loli Beloso.
A escritora contounos como os beneficios da venda dos seus libros se adican á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica que dirixe Ángel Carracedo.
Dende a Biblio queremos apoiar este proxecto tan importante, e para elo, decidimos adquirir libros de Loli Beloso cos que poidamos agasallar como regalo institucional do centro, a todos os que veñan impartir charlas e obradoiros no Johan Carballeira.






Loli Beloso non só escribe, para recadar máis fondos para a Fundación, tamén fabrica xoias solidarias con fragmentos de cerámica de Sargadelos do exilio que Díaz Pardo fabricou en Arxentina en 1956. Durante estas semanas estiveron algunhas das xoias expostas na  vitrina da entrada do centro. Agasallos que nos axudan a coñecer a nosa historia e que posibilitan a investigación na nosa terra... nada pode ser mellor!

xoves, 28 de marzo de 2019

Discamino na Biblio

Hoxe tivemos unha visita moi especial... viñeron visitarnos unhas persoas fantásticas ás que non lles podemos agradecer o suficiente que pasasen unha hora da mañá connosco.
Faltou Gerardo, xordo-cego que decidiu facer o Camiño de Santiago no 2009 nun triciclo tándem, pero a súa historia estivo moi presente. Javier contounos como ao chegaren ao Obradoiro tras partir de Roncesvalles, Gerardo decide que esta experiencia hai que continuala, e con máis xente… así naceu Discamino.


Falou Jose Varela que comezou a andar en bici con 61 anos e parálise cerebral para facer o Camiño Francés. Como non pode falar, é a súa tableta quen nos conta como lle quedaron ganas de repetir e ata de facer a Ruta da Prata.
A tableta de Ana ponlle voz a ela para contarnos como fixo a Ruta da Prata, a Volta a España, a volta a Andalucía, 7 portos dos Pirineos, a volta a Cádiz, o Camiño Francés... por algo foi campiona española de slálom coa sua cadeira 12 veces!
David usa a tableta para explicarnos como a súa parálise cerebral e distrofia muscular non puideron contra a ilusión de converter o Camiño na lúa de mel que non puidera ter antes con Diana.
Como nos fixo rir Javi co seu Vigo-Pontevedra-Valga-Santiago onde lle pediu matrimonio a que hoxe é a súa dona.
Suso, que tras un accidente de traballo padece unha lesión medular, coméntanos como foi un luxo atoparse con Discamino e como el non se dá por vencido.
E Fani, que fixo o Camiño dende Roncesvalles... e ten un récord abrindo iogures.



Javi insiste que se coñecedes a alguén cunha problemática semellante a deles que queira facer o Camiño de Santiago, que lle pasemos o seu contacto, e sobre todo, que non dubidemos a emprestar a nosas mans e pernas nalgún oquiño que teñamos no calendario para estar con eles, que o pouco que lles deamos ímolo recibir de volta con creces.
Este sábado 30 ás 12, no Centro Social do Mar van estar de novo en Bueu para presentar o seu proxecto... avisade a todo o mundo, non deixedes de pasarvos por alí para emocionarvos como o fixemos nós coa súa forza, alegría, vontade e capacidade de superación.


xoves, 14 de marzo de 2019

Marcha mundial polo clima


Baixo o lema #Fridaysforfuture (FFF) a xente nova reclámalle aos políticos que actúen ante o quentamento global.
Todo comezou en agosto, cando Greta Thunberg, rapaza sueca de 16 anos comezou unha folga diante do Parlamento do seu país, reclamando a necesidade da actuación dos gobernos ante un problema que non vai desaparecer só. Aos poucos, fóronse sumando voces de xente da súa xeración, facendo que o movemento se viralizase.
Así, levamos tres meses de mobilizacións masivas en Europa: 75000 persoas en Bruxelas o 27 de xaneiro (manifestación coordinada por tres mulleres de 17 a 19 anos), 30000 en Berlín, 10000 nos Países Baixos... que agora, o venres 15 se extenderán por moitos máis países coa folga xeral de estudantes polo clima (en 82 países cóntase levar a cabo actos de protesta).
Nun mundo competitivo e individualista, a xente nova dando unha lección de cooperativismo, liderado colectivo, con gran formación científica, sendo resolutivos e cunha gran conciencia medioambiental.
Máis de 12000 científicos apoian a iniciativa que deron a coñecer co lema #Scientist4future.
Na 24ª conferencia sobre cambio climático organizada pola ONU en Polonia, Greta Thunberg dixo:  "no 2078 celebrarei o meu 75 aniversario. Daquela, se teño fillas ou netos quizais me pregunten por que (a vosa xeración) non fixo nada cando aínda había tempo para actuar". Por se alguén aínda non  escoitou a súa intervención en Katowice (Polonia), aquí queda o vídeo. Paga a pena empregar tres minutos e medio en escoitala:


Marisol Ortiz de Zárate vén á nosa Biblioteca

Hoxe a nosa Biblio foi un fervedoiro... como nos gustan os días así!
O alumnado de primeiro ía coñecer á autora dunha obra que estiveron traballando na aula: "La canción de Shao Li" de Marisol Ortiz de Zárate.



O alumnado tiña preparadas as súas críticas:






O encontro coa autora estivo xenial, Miguel Peixoto presentou a autora e Martín foi o encargado de despedila.



Laura, voluntaria da Biblio, agardou ao final para  darlle as grazas por pasar este tempo connosco pechando dese xeito a xuntanza. Quedáronnos ganas de repetir!


Xa temos novo logo para a II Feira da Ciencia e Literatura!

Por fin temos novo logo para a nosa Feira!
Non pensedes que foi doado escollelo. Na entrada do centro estiveron expostos os traballos que o alumnado presentou ao concurso e que xa ben coñecedes:


Hoxe, no recreo, fixemos público o logo escollido, que resultou ser...


Parabéns polo teu traballo, Blanca. Hoxe descubrimos o novo logo, pero en nadiña estaremos afeitos a velo por todas partes... a Feira achégase.



xoves, 28 de febreiro de 2019

Entroido no Johan Carballeira


Dende a Biblioteca organizamos unha exposición da historia do entroido en Bueu. Se queredes vela con calma dende a vosa casa, preparádevos, collede unha orella, unha filloa ou unha flor e premede  aquí.


E vós, formades parte dalgunha comparsa? Gústavos vivir o Entroido? Preparades o disfrace con tempo ou sodes dos que se deixan enlear no último momento?
Este venres saberémolo, pois xa chega o gran día! Está todo preparado para o Entroido no Johan Carballeira. E... quen gañará o concurso este ano?




venres, 22 de febreiro de 2019

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO




O 24 de febreiro conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, mais na Biblioteca comezamos a homenaxeala moito antes. Decidimos crear un curruncho de Feminismo que quixemos inaugurar con ela. Dúas das nosas voluntarias, Carmen e Laura encargáronse de facelo.




Pero na nosa Biblio, como ben sabedes, facemos de todo, e préstannos os xoguetes novos, así que decidimos montar un puzzle ben chulo sobre Rosalía.



Parabéns polo traballo, equipo, e grazas polo tempo que nos regalades!


xoves, 21 de febreiro de 2019

REALIDADE AUMENTADA

Pois si, tal e como o vedes, ao profesorado do instituto non lle chega coa realidade de todos os días que necesita aumentala... e para iso hai que aprender.
Así que decidimos formarnos, que os adultos, igual que a mocidade, temos que continuar aprendendo cada día.
A nosa Biblioteca Escolar acollou un curso sobre "Realidade Aumentada" que nos organizaron dende o Centro de Formación e Recursos ao amosar o noso profesorado interese.
E por que esas arelas de aumentar realidades? Non imos desvelar ningún segredo, pero pensade que igual cando vos pasedes pola nosa II Feira da Ciencia e Literatura levades unha sorpresa...aumentada!





xoves, 10 de maio de 2018

SANTIAGO LOPO NA BIBLIOTECA


"Non desbotedes nunca o que escribides na adolescencia, nunca se sabe cando podedes retomalo"
                                    

O pasado 3 de maio o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de compartir unha sesión con Santiago Lopo, autor de Hora zulú e A Diagonal dos Tolos, lecturas deste curso.
Contounos datos moi curiosos sobre como se lle ocorren as súas obras, a súa visita á illa da Reunión (onde transcorre a maratón extrema relatada n´A Diagonal dos Tolos), a escravitude, o paso do tempo, o deporte, a ecoloxía... Tamén nos dixo que nalgunha das súas obras recuperou textos que escribira na adolescencia que xa tiña case esquecidos.
Foi unha nova maneira de achegarnos á literatura, podendo contactar coa persoa da que xorde.
Velaquí algunhas opinións do alumnado sobre estas obras:

                            A Diagonal dos Tolos
"O libro está xenial. Encantoume como está redactado e non me aburría nin me cansei en ningún momento. Creo que todo está moi ben relacionado; a historia de Pierre e P., os paxaros Dodo...Gustoume máis a historia de P., pareceume moi interesante e encantoume coñecer como trataban os escravos daquela".
                                                                      MARÍA BROCOS
"Esta obra gustoume non só porque fala de deportes, senón tamén pola forma de compaxinar a historia de Pierre coa do escravo P. O personaxe de Pierre gustoume moito polo afán de superación ademais da vinganza ao seu pai e o mérito que ten cumprir o reto adestrando só un par de meses".
                                  VÍCTOR MALVIDO
                                                   
                                                                 
                                            Hora zulú
"A dicir verdade, había tempo que non lía un libro tan bo. Gustoume moito a estrutura e os cambios de historia, facía estar en constante atención á historia e non perder o fío. Pareceume extraordinario como o autor puido mergullar tantos datos reais nunha historia ficticia. Á parte de pasalo ben co libro, aprendín moitas cousas interesantes".
                                                                              ANA MARIÑO

"O que máis me gustou foi como se contaban as historias que ao parecer non gardaban ningunha relación pero ao final se unen todas a raíz do Profesor, que é o tronco e o meu personaxe favorito, xunto con Ana, polo enxeño que ten. Faltoume unha contestación de Fran a todas as cartas de Ana para coñecer a súa opinión sobre o tema".
                                                                  MARTA BARREIRO

"Penso que é un libro interesante porque sempre mantén a intriga e realmente cando o lin púxenme a pensar como foi que o Profesor chegara á costa e, sobre todo, quen era en realidade. Este é o meu personaxe favorito porque era máis intelixente ca os psiquiatras aínda que supostamente estivese tolo. Aínda que ás veces os seus discursos me resultasen aburridos, si que se deberían ter en conta algúns, especialmente os relacionados coa ecoloxía.
Hora zulú non é só unha hora entretida sobre enfermos mentais e os seus pasados, senón que tamén serve para reflexionar sobre diferentes temas políticos, ecolóxicos, científicos e filosóficos".
                                                                                 DANIEL OTERO