xoves, 19 de novembro de 2026

Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín (1938–2026)

A literatura galega está de loito polo falecemento de Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das figuras máis destacadas e influentes das nosas letras contemporáneas.


Poeta, narrador e ensaísta, Méndez Ferrín desenvolveu unha extensa traxectoria literaria que contribuíu decisivamente á renovación da literatura galega. A súa obra, caracterizada pola riqueza da linguaxe, a forza da imaxinación e o compromiso coa cultura e coa lingua galegas, constitúe un legado fundamental do noso patrimonio literario.

Dende a BiblioCarballeira queremos sumarnos ás homenaxes ao escritor cunha exposición de libros no vestíbulo do IES Johan Carballeira, na que reunimos unha selección das súas obras.

Con esta iniciativa convidamos a toda a comunidade educativa a achegarse á súa literatura, descubrir a súa obra ou reencontrarse con algunhas das súas páxinas.

Porque os escritores permanecen vivos nos seus libros, a mellor maneira de lembrar a Méndez Ferrín é seguir léndoo.

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario