Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas Escolares. Amosar todas as publicacións

sábado, 22 de outubro de 2022

Celebrando o día das Bibliotecas

Chega xa o luns 24 de outubro. Non é un día calquera, non. Cada 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas, con sincera alegría e con inevitable certo rebumbio.

Neste ano 2022 o fío condutor é BiblioTEcuida, e o cartaz conmemorativo foi elaborado pola fantástica artista gráfica Xulia Vicente. Se non coñeces o seu traballo, pincha sobre o seu nome e prepárate para marabillarte.



A idea de BiblioTEcuida nace para destacar o papel das bibliotecas coma espazos abertos e libres que se preocupan por atender ás persoas mediante diversos servizos e recursos procurando ser sempre integradoras.

Calquera membro da comunidade educativa pode achegarse á Biblioteca do IES Johan Carballeira e procurar algunha opción que lle preste, que entreteña e enriqueza. Que non a atopas? Ponte en contacto con alguén do equipo da biblioteca, estaremos encantados de asistirte no proceso de busca para que non quedes coas mans -e a mente- baleiras.

Pensa que a lectura ten o poder de impactar directamente no desenvolvemento e no mantemento das capacidades cognitivas dunha persoa, o cal redunda no seu benestar e na súa saúde mental. Aproveitemos este día de celebración para manifestar o noso amor polos libros, e para visibilizar e destacar o importante rol que asignamos ás bibliotecas.

luns, 3 de outubro de 2022

O catálogo da biblioteca, por fin en liña

Grandes novas chegan á nosa biblioteca, mediante fantásticos avances que permiten as novas tecnoloxías. Grazas ao traballo das Bibliotecas Escolares de Galicia, dende agora todo o mundo ten acceso en liña ao noso catálogo de fondos. Para acceder a el, o único que tes que facer é pinchar neste enlace.


  • Queres saber se temos ese libro que estás desexando ler? Pois agora podes consultar non só se o temos, tamén se está dispoñible ou non para que o poidas levar á túa casa!


  • Queres estar ao tanto das novas adquisicións porque che gusta ler as últimas novidades? Pois cun par de clicks podes revisar as últimas incorporacións ao catálogo.

  • Queres descubrir cales son os libros que máis veces se prestaron na nosa biblioteca? Pois esa funcionalidade xa está dispoñible para satisfacer a túa curiosidade.




mércores, 15 de abril de 2020

LIBROS DE MAN EN MAN. 23 DE ABRIL.





bookCrossing | tULEctura | Página 2


Como sabedes, o vindeiro XOVES 23 DE ABRIL celébrase o Día Internacional do Libro e este ano toca facelo en confinamento.

Por este motivo, desde Bibliocarballeira propoñémosvos que nos enviedes un vídeo dunha duración aproximada dun minuto no que saiades lendo en voz alta un fragmento do libro que escollades. 

Para a xente vergonzosa, pode valer con que só se escoite e se vexa o libro.
Ten que parecer que alguén volo pasa e que logo de ler vós llo pasades a alguén. 
Se vos animades tedes que envialo a bibliocarballeira@iesjohancarballeira.com ata o mércores 22 de abril.
Botádelle imaxinación que seguro que queda estupendo!!