O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, unha data para lembrar a importancia destes espazos como lugares de lectura, aprendizaxe, encontro e acceso á cultura.
Dende a BiblioCarballeira queremos conmemorar esta xornada cun concurso que pon a proba os vosos coñecementos sobre os gustos lectores de diferentes persoas famosas.
📚 Quen le que?
Sabes cal é o libro favorito dun deportista coñecido? E o dunha actriz, un cantante ou outra personalidade destacada?
No taboleiro do vestíbulo do IES Johan Carballeira preparamos unha exposición con fotografías de 12 persoas famosas e as portadas de 12 libros. O reto consiste en descubrir que libro corresponde a cada persoa.
Para participar, só tedes que:
Observar as fotografías das persoas famosas e as portadas dos libros.
Emparellar cada persoa co seu libro favorito.
Anotar na papeleta o nome da persoa, o número que ten asignado e a letra correspondente ao libro.
Escribir o voso nome e depositar a papeleta na urna situada xunto ao taboleiro.
🏆 Prazo e premio
Podedes participar ata o venres 23 de outubro, durante o recreo.
A persoa que consiga máis acertos recibirá como premio un libro da súa escolla.
Con esta actividade queremos achegar a lectura ao alumnado, o profesorado e o persoal de administración e servizos dunha maneira lúdica e descubrir que os libros tamén forman parte da vida de persoas coñecidas de ámbitos moi diferentes.
📖 Animádevos a participar e a descubrir quen le que!
Feliz Día das Bibliotecas!


.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario