Comezamos un novo curso escolar, o 2025/2026. Un ano máis chega cargado de ilusións, retos e proxectos. A Biblioteca Escolar do IES Johan Carballeira quere ser, unha vez máis, un espazo aberto á lectura, á información, á aprendizaxe e á convivencia.
Este blog retoma a súa actividade para compartir convosco novidades, recomendacións lectoras, propostas de dinamización, actividades culturais e recursos que poidan enriquecer o día a día do noso alumnado e profesorado.
Queremos que a biblioteca siga a ser un lugar de encontro, de descubrimento e de creación, onde todas as persoas teñan cabida. Aquí atoparedes información práctica sobre o funcionamento da biblioteca, pero tamén propostas para participar, colaborar e gozar coa lectura e coa cultura.
Agardamos a vosa visita, tanto no espazo físico da biblioteca como neste espazo virtual. Contamos convosco para facer da nosa biblioteca un lugar vivo, participativo e sempre en movemento.
Lembrade que nos podedes seguir en Instagram, e tamén podes consultar unha presentación da biblioteca na páxina web do noso centro.
Benvidas e benvidos ao novo curso. Imos enredar xuntos entre libros, historias e aprendizaxes!
0 comentarios:
Publicar un comentario