Rss Feed
  1. Dámoslle a benvida ao novo curso escolar. A Biblioteca Escolar tamén se pon en marcha e quere acompañarvos dende o primeiro día. Xa está aberta nos recreos para tod@s.

    Para comezar con bo pé, podedes ver nos expositores de novidades os últimos libros recibidos: lecturas frescas, variadas e para todos os gustos, que vos convidamos a descubrir nos recreos e nas vosas visitas á biblioteca. Se algunha vos enche o ollo, podedes levala xa en préstamo.

    Así que é o momento de achegarvos, coller un libro e deixarvos levar polas historias. A mellor maneira de empezar o curso é tamén empezar unha nova lectura! 📚✨


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario