venres, 27 de novembro de 2026

O xadrez, protagonista dos recreos na BiblioCarballeira

O xadrez volve ser protagonista na nosa biblioteca coa celebración dun novo torneo entre o alumnado do IES Johan Carballeira.

Entre peóns, torres, cabalos e reis, o alumnado ten a oportunidade de poñer a proba a súa capacidade de concentración, o razoamento lóxico e o pensamento estratéxico, ao tempo que comparte unha afección cos seus compañeiros e compañeiras.

Máis alá dos resultados das partidas, queremos destacar o valor destas iniciativas para a dinamización da biblioteca. O xadrez dá moita vida aos recreos, favorece a convivencia e ofrece unha alternativa de lecer que combina aprendizaxe e diversión.

Seguimos apostando por unha biblioteca que, ademais de ser un espazo de lectura e aprendizaxe, sexa tamén un lugar de encontro no que compartir intereses e afeccións.

Grazas a todo o alumnado participante!



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario