O pasado venres 13 de xaneiro, o xornal Diario de Pontevedra publicaba na súa edición do Morrazo unha entrevista co alumno do IES Johan Carballeira, e voluntario da nosa biblioteca escolar, Daniel Durán.
Como sabedes, Daniel é un rapaz apaixonado pola literatura, que un día decidiu encargarse dun proxecto tan grande e complicado coma ilusionante: reabrir a antigua biblioteca da súa parroquia e reconvertila na actual axencia de lectura de Meiro.
0 comentarios:
Publicar un comentario