Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias
Premio Merlín 2016
Esta
é unha emotiva historia sobre a relación entre Ariadna, unha nena
de case 12 anos, e o seu avó Valente.
Nunca
tiveran trato e, de súpeto, os pais vense obrigados a deixala uns
días con el, así que teñen que convivir durante 20 días e sen
veciños ao seu arredor, xa que a aldeíña do avó esmorece sen
remedio.
Unha
experiencia que marcará de
por vida á
rapaza, acostumada ao mundo urbano e aos progresos da sociedade
actual. Eses 20 días vive como noutro planeta: descobre
a casa familiar, onde naceu e viviu de neno seu pai, pertenzas de
seres que xa non existen, coñece
lugares e nomes novos, de aves, de
árbores, ferramentas,
as partes do muíño... Aprende a cociñar, arrombar a casa, labores
do campo, a
escoitar o que di a chuvia, o que di todo ao seu arredor.
Pero, sobre todo, coñece ao seu avó, un home forte e duro polas
circunstancias
que lle tocaron vivir, que non agocha a súa tenrura con ela e
con quen a convivencia non é difícil.
Unha
historia conmovedora, cunhas
ilustracións ben acaídas, que
nos fai lembrar a figura do avó ausente. Invítovos a descubrila.
Ana Lourido
0 comentarios:
Publicar un comentario