martes, 16 de marzo de 2021

XANTAR LITERARIO

 Onte algunhas alumnas do Club de lectura de primeiro e segundo da ESO compartiron pizza e argumentos literarios nas gradas do patio do instituto, unha combinación sabrosa e fructífera aderezada por un sol maravilloso que brillou en todo momento.


Laura, Níobe, Adela, Leire, Ana, Antía, Uxía, Paola e Mar compartiron os argumentos dos libros que están a ler esta tempada: Dez negriños, La Ratonera, O diario vermello de Carlota, Invisible ou My Hero Academia.


Foi un xantar de luns diferente e agradable para as membros do club que, sen dúbida repetirán, ademáis de outras actividades que estiveron planificando e que tamén compartirán con todos vos……


Moitas grazas a todas!!!










xoves, 11 de marzo de 2021

8 M 2021 VISIBILIZANDO AS MULLERES

 "Visibilizando as mulleres", actividade comezada o curso pasado e que xa forma parte do Proxecto da Biblioteca, celebrouse este ano cos grupos de 1º ESO e coa colaboración do Voluntariado de 1º de bacharelato. Como é habitual o alumnado xogou a adiviñar quen estaba debaixo da manta a través dunha batería de preguntas con cuxa resposta lograron visibilizar a mulleres de distintas épocas e lugares: Mary Shelley, Ágatha Christie, Almudena Grandes e Irena Sendler.

Queremos destacar o valioso labor do Voluntariado que axudou a xente miúda a coñecer catro figuras claves do feminismo e da literatura universal.

Podedes consultar máis fotos e vídeos na historia destacada 8M20 da conta de Instagram da biblio @bibliojcarballeira.

Grazas💜















martes, 23 de febreiro de 2021

luns, 18 de xaneiro de 2021

Certificación do voluntariado do curso pasado 2019/2020

 O pasado venres chegaron as certificacións do voluntariado do curso pasado. 

Moitísimas grazas Isa, Noa e Yoel pola vosa colaboración.

Sempre seredes unha parte da Biblio Carballeira.



xoves, 17 de decembro de 2020

Biblioteca inclusiva 2020

 Ampliamos os nosos fondos na sección de Biblioteca Inclusiva con temáticas variadas. A nosa oferta tenta informar sobre todos os aspectos sociais que presenten prexuízos en calquera ámbito.

Esperamos que vos gusten!











mércores, 16 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL


Un ano máis, desde a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo fannos chegar as súas recomendacións para este Nadal.
Guía para secundaria