xoves, 10 de decembro de 2020

VISITA DE EVA MEJUTO AO NOSO CENTRO

O 23 de novembro pola tarde visitounos a escritora Eva Mejuto, que co seu libro nos chegou ao corazón. Explicounos como escribiu a súa creación e o traballo que dá. Foi unha parrafada moi interesante e amena. Ao final despedímonos dela e agradecemos que viñese. Martín Fernández Leal 3ºA
Eva Mejuto é unha escritora de cabelo non moi longo, liso e marrón, tirando a louro, de estatura media e con lentes. Escribiu libros como A casa da mosca chosca, Tres desexos... 22 segundos foi o libro sobre o que tivemos a charla o alumnado de terceiro de 3º ESO A e B. Fixemos preguntas de todo tipo e respondeunos a todas. Ás veces parecía quedar sen palabras ante tanta participación, pero ela conseguiu seguir respondendo. Contounos, entre outras cousas, que o portada do libro é unha foto do seu amigo Adrián e a súa importancia na historia do libro. Tamén nos contou que creou o avó coma o avó que lle gustaría ter, xa que non coñeceu aos seu avós. Fíxose curta a charla. Miguel Peixoto Riobó 3ºB

Parabéns por Beula, compañeiro!

 




mércores, 2 de decembro de 2020

25 de novembro de 2020

 

Neste atípico ano, a pandemia privounos de moito, desde experiencias ata persoas... pero nós mantivemos o noso espírito e esencia revolucionarios e loitadores, que non deixaron indiferente a ninguén este 25 de novembro. Desde o equipo do voluntariado da biblioteca presenciamos a unión de todo o alumnado do noso instituto baixo unha nobre causa, a loita contra a violencia de xénero. Vídeos, pancartas, debuxos, exposicións, recreacións das que diferentes grupos do centro son partícipes, tanto o alumnado da ESO e Bacharelato, como o estudantado de ciclos e FP. 

Pola nosa banda, o voluntariado decidiu facer un gran cartel baixo a misiva "NON É NON" e varios vídeos conmemorativos, con motivo desta data, con mensaxes de apoio e recomendacións de lecturas feministas. Ditas lecturas foron expostas na entrada, para amosar como a literatura tamén conforma parte desta pugna por acadar a igualdade. Non queremos nin unha menos, nin golpes que doan, nin verbas que firan. O machismo e a violencia non son unha opinión, pois a igualdade e a xustiza non se negocian. 

Antía Novas Arribas. 1º bacharelato A.







domingo, 15 de novembro de 2020

Día das Librarías 2020.

 


O pasado venres 13 de novembro festexouse o Día das Librarías. Na conta de Instagram da Biblio @bibliojcarballeira convidamos a compartir as librarías favoritas e estas foron as respostas:











Librarías, grazas por estar, existir e persistir, sodes as farmacias das nosas almas.

E grazas por participar!

Novas incorporacións ao noso voluntariado Biblio Carballeira 2020/2021

 


Grazas LARA, MARINA, ELENA E MARTA por colaborar. Imos facer moitas cousas bonitas xuntas!

#bibliocarballeira

#bibliojcarballeira

#iesjohancarballeira

#plambe

#voluntariado


luns, 2 de novembro de 2020

Presentación do voluntariado 2020/2021

  Nos tempos que corren a axuda é sempre de agradecer, pero se ademáis vén de balde, con bo xesto e ganas, entón o Equipo da Biblioteca crece e emociónase.

Presentamos a SARA, ANTÍA, HÉCTOR, GIOVANNA, CARMEN, AITOR, MARTIÑO, PAULA, HELENA E ALBA, alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º de BACHARELATO que xa están colaborando nos labores da Biblio Carballeira nos diferentes recreos. 


BENVIDAS E GRAZAS. BIBLIO CARBALLEIRA TEN UN EQUIPAZO!