sábado, 19 de setembro de 2026

O equipo de voluntariado da biblioteca xa está en marcha

📚 O venres constituímos o equipo de voluntariado da Biblioteca do IES Johan Carballeira. Comezamos esta nova etapa con ganas de colaborar e de facer da biblioteca un espazo cada vez máis vivo, acolledor e participativo. 💛

Agora estamos preparando o cadrante dos recreos para organizar as quendas do alumnado auxiliar ao longo da semana. 🗓️ 

A participación do alumnado é fundamental para construír unha biblioteca de todas e todos: un lugar onde ler, descubrir, compartir e botar unha man.

Mil grazas a todas as persoas que vos sumastes ao equipo este curso. Comezamos! 🙌


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario