🎃🪦 O curso pasado celebramos o noso Concurso de Epitafios e a actividade tivo unha estupenda acollida. Por iso, coa chegada do SamaÃn, decidimos recuperar a proposta e convidar de novo o alumnado a mesturar lingua, creatividade e un pouco de humor macabro.
A idea é sinxela: hai que inventar un epitafio en galego e crear unha lápida ou sepultura na que apareza escrito. Pódense empregar libremente materiais, formas e técnicas para personalizala, xa que se valorarán tanto a orixinalidade do texto como a creatividade da presentación.
As creacións deberán entregarse na biblioteca ata o 29 de outubro e haberá tres premios para as propostas máis destacadas.
Asà que xa sabedes: botádelle imaxinación, preparade as vosas lápidas e buscade esas palabras capaces de quedar escritas para toda a eternidade... 💀✍️
Nesta ligazón tedes as bases completas do concurso, asà como unha guÃa de axuda para a elaboración dos epitafios.
🎃 Agardamos as vosas creacións na BiblioCarballeira!

Ningún comentario:
Publicar un comentario