👁️A ciencia que xoga co que vemos
Dentro das actividades do Mes da Ciencia en Galego, a BiblioCarballeira preparou unha exposición moi especial: unha mostra de ilusións ópticas que nos invita a cuestionar o que vemos e a descubrir como funciona a nosa percepción.
As ilusións ópticas son un excelente exemplo de como a ciencia pode sorprendernos e divertirnos ao mesmo tempo. A física, a bioloxía e mesmo a psicoloxía únense para explicar por que os nosos ollos —e o noso cerebro— ás veces nos fan ver movemento onde non o hai, liñas que se dobran ou cores que cambian ante nós.
A exposición convida a experimentar, a mirar con atención e a deixarse enganar pola ciencia… pero en galego!
📍Tes as ilusións expostas na entrada do instituto. Comproba por ti mesm@ como a realidade pode ser cuestión de perspectiva.

.jpeg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario