Rss Feed
  1. Entre todas as actividades que se desenvolven na Biblioteca do IES Johan Carballeira, hai unha que sempre destaca polo éxito e a participación: o recuncho dos xogos de mesa.

    Dende hai tempo, este espazo é un punto de encontro durante os recreos, no que o alumnado vén xogar, divertirse e compartir tempo cos seus compañeiros e compañeiras. Pero non se trata unicamente dun pasatempo: os xogos de mesa axudan a mellorar a estratexia, a cooperación, a concentración e, sobre todo, favorecen a convivencia.

    A boa acollida que sempre teñen demostra que aprender tamén pode ser lúdico e que a biblioteca é moito máis ca un lugar para ler: é un espazo vivo, aberto e participativo.

    Se aínda non xogaches, convidámoste a probar: seguro que atopas un xogo axeitado para ti. Temos bastante variadade. E, se non, achégate a quen estea de garda na biblioteca para preguntar polos xogos que máis che gustan. Igual podemos compralo!








     


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario