Rss Feed
  1. Chegou a primavera á biblioteca

    luns, 24 de abril de 2017




    A nosa biblioteca solidaria está a experimentar o "efecto boomerang" da solidariedade a través da xenerosidade do profesorado, alumnado, concello e outras entidades colaboradoras.

    Primeiro chegou o noso novo atril grazas á colaboración do profesor José Luís Rivas e do seu equipo, e agora é Noelia Lamosa, a nosa vicedirectora, a que nos fai unha fermosa achega: un orixinal portalapiceiros con forma de ramo de flores de crochet.




    Cada flor leva unha corola de pétalos de vivas cores feita a man coa técnica de gancho, que serve ademais de protección para as minas dos lapiceiros. Ademais, todos os talos do ramo están cravados nunha base artesanal, confeccionada tamén en fío de cor verde.




    Deixámosvos algunhas fotografías máis para que podades apreciar a arte da nosa vicedirectora co gancho:





    Moitísimas grazas, Noelia!



  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario