Seguimos avanzando paseniñamente no noso proxecto Entre Rúas.
Despois da procura dos cadrados perfectos por parte dos alumnos de 1º ESO, e do encontro co alcalde dos alumnos de 2º ESO, que xa vos contamos en anteriores entradas deste blog, agora son os alumnos de 2º Bacharelato C os que reclaman a súa pequena ración de protagonismo.
Eles realizaron como traballo para a materia de Matemáticas Aplicadas unha enquisa na que trataban de averiguar o lugar de residencia do alumnado do centro.
0 comentarios:
Publicar un comentario