Rss Feed
  1. Chegou o Nadal á biblioteca

    sábado, 17 de decembro de 2016



    Xa estamos a piques de rematar este primeiro trimestre e comezar as areladas e merecidas vacacións de inverno.

    A celebración do Nadal é unha das tradicións máis globais e universais, ateigada en todo o mundo de semellantes pinceladas: ledicia, reencontros familiares, morriña polos que fallan, festas, larpeiradas, agasallos, brindes, felicitacións, bos desexos e moitas luces e ornamentos.

    E precisamente iso, fermosos ornamentos e marabillosos adobíos feitos a man, é o agasallo que as alumnas do ciclo de Estética e Beleza, como práctica de escaparatismo, veñen de facer á nosa biblioteca.

    Acompañadas e asesoradas pola súa profesora Carmen Núñez, deixaron voar a súa creatividade e encheron os andeis de piñas, calcetíns e agasallos; penduraron do teito estrelas e árbores de papel; colocaron centros sobre as mesas de lectura e moitas sorpresas "con tintes literarios" máis que poderedes descubrir se visitades a biblioteca.

    Agardamos por vos! 



























    Temos mesmo un photocall con moitos elementos navideños que, se queredes, poderedes empregar para facervos as vosas propias fotografías divertidas e felicitacións de Nadal orixinais...

    Propómosvos que as etiquetedes co hashtag #nadalbibliocarballeira en instagram, para que todos poidamos velas. (Se tedes o voso perfil pechado, enviádeas por Direct, por favor).





    Bo Nadal!


  2. 1 comentarios:

    1. Unknown dixo...

      Un enorme placer y un gran privilegio que el equipo de coordinación de la biblioteca confiase en nosotras para desarrollar esta actividad, que resultó muy gratificante. Y muy orgullosa de mis alumnas, por su gran implicación en todo el proceso, su enorme creatividad, su trabajo y su constancia y ¡¡ su infinita energía¡¡. Una experiencia para repetir sin duda. ¡¡Feliz Navidad a toda la comunidad educativa¡¡

    Publicar un comentario