Rss Feed

  1. Mario Iglesias estrea “El origen del problema”, a súa primera webserie, no Principal












    Mario Iglesias volveu a ser profeta na súa terra. O cineasta pontevedrés volveu rodearse de grandes amigos para presentar o primeiro episodio do seu debut no mundo das webseries, El origen del problema.

    Unhas duascentas persoas foron as primeiras en ver esta peza audiovisual que se estreou no Teatro Principal, onde Mario Iglesias explicou os detalles deste proxecto antes de que os asistentes puidesen ver este primeiro episodio.

    En El origen del problema, conflitos, dúbidas, temores e toda clase de problemáticas levan a persoas correntes -e non tan correntes- a achegarse a un gabinete de psicoterapia coa fin de compartir as súas inquedanzas e acougar as súas vidas das cargas que os aflixen.

    El origen del problema, producida por Alberto Plágaro e Miguel López, foi rodada durante os últimos anos en diversas localizacións da cidade de Pontevedra, entre elas diferentes rúas e prazas do centro histórico, a cafetería Blanco y Negro ou a cervecería La Gramola.

    Neste proxecto audiovisual colaboran o Concello de Pontevedra e a Pontevedra Filme Commision.

    Por agora, este primeiro episodio de El origen del problema e os que veñan despois aínda non se estrearon na internet, que será a principal plataforma para a súa emisión.


    Pontevedra Viva 








  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario