mércores, 18 de marzo de 2020

LIBROS QUE NOS UNEN



LIBROS QUE NOS UNEN
Queridas lectoras e queridos lectores!
Estamos vivindo uns días estraños,
nos que temos que pensar que os nosos esforzos e incomodidades pagan moito a pena. 
Ademais de ordenar os nosos cuartos,😉 realizar todas as actividades que nos vaian propoñendo
e falar máis con toda a familia, desde a Biblioteca propoñémosvos...
QUE NOS VAIADES CONTANDO QUE LIBROS, XOGOS OU PELÍCULAS
VOS ESTÁN AXUDANDO A PASAR O TEMPO NA CASA E ENSINÁNDOVOS ALGO NOVO.
OU SIMPLEMENTE QUE COMPARTAMOS OS NOSOS PENSAMENTOS.
Podedes enviarnos os vosos comentarios a este blog, as vosas fotos ao Instagram e todo o que queirades compartir. 
Agradecémosvos anticipadamente a vosa colaboración e animámosvos
a que leades moito para medrar como persoas.
Quen se anima a empezar?

O 8 DE MARZO NA BIBLIOTECA


ACTIVIDADE PARA CELEBRAR O 8-M NA BIBLIOTECA




O pasado 6 de marzo o alumnado de 1º da ESO e 1º de bacharelato levou a cabo unha actividade na nosa biblioteca nomeada “Visibilizando as mulleres”, na cal, dada a cercanía do 8 M, os máis cativos do centro respostaron unha serie de preguntas realizadas polos estudantes de 1º de bac. sobre mulleres destacadas en diversas disciplinas (Ciencias, Artes, etc.) co fin de resaltar a súa importancia na Historia.

Palabras como as de Mary Wollstonecraft, Hipatia e outras grandes feministas quedarán dentro da nosa biblioteca grazas a este miniproxecto, para mostranlle ao alumnado do centro unha grande mensaxe de cor malva que demostra e, sobre todo, visibiliza a importancia que as mulleres tiveron, teñen e sempre terán. 





Alba Louzao e Darío Camiña             1º BAC B




venres, 6 de marzo de 2020

BIBLIO CARBALLEIRA CAMBIA DE LOGOTIPO


A lo largo de este trimestre, el alumnado de 4º de ESO trabajó en la actualización del logotipo de la biblioteca. Su creatividad, sus ideas y su trabajo se vieron reflejados en sus propuestas: 



Después de su exposición en el vestíbulo del centro, el equipo de biblioteca realizó sus votaciones, que se sumaron a las de la cuenta de Instagram, donde tuvieron oportunidad de dar su opinión tanto el alumnado, como escritoras o personal de otras bibliotecas escolares. Finalmente resultó ganador este diseño:


Desde el equipo de biblioteca queríamos agradecer la participación, así que organizamos una pequeña merienda donde compartieron sus inspiraciones.




Gracias por vuestro trabajo y felicidades, Lucrecia Shandré Daries, autora del logotipo ganador, quien nos deja estas palabras: "Pensei nun cerebro como creador da imaxinación que se expresa nos libros. Os fíos que saen do cerebro son os nervios. Con isto quero dar as grazas polo premio e a todos os que me votaron".


Gracias a ti, Lucrecia.

xoves, 5 de marzo de 2020

VISITA DAS TANXUGUEIRAS



As Tanxugueiras explicáronnos o martes como grazas á música tradicional galega coñeceron países como Cuba ou a India, onde levaron o seu bo facer e compartiron cancións.
Defenderon o seu feminismo e a renovación da tradición popular, así como o orgullo de faceren música en galego nun mundo de homes e no que a mocidade non adoita escoitar música nesta lingua.
Sen dúbida, unha boa forma de ir celebrando o 8 de marzo.



Aquí vos deixamos un vídeo para que as coñezades ou as volvades gozar.














mércores, 4 de marzo de 2020

LEDICIA COSTAS NO JOHAN CARBALLEIRA


A escritora Ledicia Costas visitou o pasado 3 de marzo a nosa biblioteca, grazas ao programa do MEC "Encuentros Literarios". A autora conversou co alumnado de 1º de bacharelato sobre o seu libro Infamia e co de 1º de ESO sobre A balada dos unicornios, obra sobre a que se está traballando para a III Feira da Ciencia e Literatura.


Explicounos que desde moi nova quixo ser escritora para poder crear o libro que a ela lle gustaría ler e que hai uns anos deixou o seu oficio de avogada para dedicarse en exclusiva  a esta actividade, co que conseguir converter a súa paixón na súa profesión.
Confesounos que nalgún momento da escrita de Infamia sufriu, ao relatar momentos moi duros, como os abusos sexuais a menores ou a violación dunha das protagonistas. Tamén nos dixo que, aínda que en principio deixou moi aberto o final da novela para escribir unha segunda parte, agora non sabe se estará á altura das expectativas que se están creando, pois xa recibiu moitas peticións de continuación.



Pola súa banda, A balada dos unicornios levounos a reflexionar sobre a presenza da violencia no libro e nos videoxogos ou na televisión, pois parece que nos acostumamos a vela diante da pantalla pero non entre as páxinas dunha novela. Tamén falamos do famoso asasino Jack o Destripador, que aparece nun libro que pretende visibilizar as mulleres marxinais e que case nunca se tiñan en conta. A autora recoñeceu que para ela é difícil atoparlles un título ás súas obras pero neste tiña claro que quería que aparecese a palabra "unicornio".

Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora grazas a esta escritora tan cercana e que sempre ten algo que nos ensinar.