Rss Feed
  1. Saída ao teatro en francés

    miércoles, 11 de enero de 2017



    O pasado venres 25 de novembro, o alumnado de Francés de 3º e 4º de ESO e o de 1º e 2º de Bacharelato asistiu no Auditorio municipal de Cangas a unha obra de teatro titulada Moulin Rouge, da compañía “La bohème théâtre”.
    O “Moulin Rouge” é unha sala de espectáculos parisiense con máis de cen anos de historia. Somerxémonos nela da man da actriz e dos actores que interpretaron os papeis de La Goulue, Jane Avril, Le Pétomane e Toulouse-Lautrec, entre outros, que nos trasladaron á vida bohemia e á “Belle Époque”, ese período de finais do século XIX e principios do XX cargado de paz e de optimismo no que naceu o famoso e atrevido baile do cancán.

    Reacciones: 
    |
    |


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario