Rss Feed
  1. Presentación do proxecto Entre Rúas

    miércoles, 11 de enero de 2017


    Entrerrúas nace da inquedanza, da curiosidade, da necesidade de saber. Incógnitas como quen era Matilde Bares e que relación tiña con Ramón Bares?ou que significa a palabra Kayrel? lévannos a indagar na historia da nosa vila e, a medida que nos mergullamos na procura de respostas, xorden novas preguntas que nos obrigan a seguir buscando.

    Entrerrúas pretende que as novas xeracións coñezan esa historia, pero vai moito máis alá. Cada materia busca o xeito de encaixar neste proxecto e aportar a súa visión: nas rúas pódese facer estatística, adquirir vocabulario novo, entender a diferenza entre emigración e exilio, realizar experimentos científicos, medir a contaminación acústica...

    Sexa como sexa, Entrerrúas atopa o seu propio camiño e de pronto dáse conta de que todo o que vai (e irá) descubrindo pódese dirixir cara unha meta de interese xeral, máis alá do propio ámbito educativo: elaborar unha aplicación para móbil pensando no turismo que, verán tras verán, se achega á vila dende distintas partes do mundo. Será unha aplicación escrita en galego e español, pero que os nosos alumnos poderán traducir tamén a francés, a inglés e a alemán. E este abano de idiomas poderase ir ampliando se atopamos a maneira de facelo.



    COMEZAMOS...
    Reacciones: 
    |
    |


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario