Rss Feed
  1. A nosa biblioteca segue a consolidarse coma Territorio das Artes.

    Nesta ocasión, temos o pracer de presentarvos a exposición Cor e Harmonía, sobre o pintor Xosé María Barreiro.









    É unha mostra que nos fai especial ilusión acoller no centro, primeiro por versar sobre un pintor da nosa contorna (residente en Cela), e segundo por tratarse dunha cesión da biblioteca amiga do CEIP Montemogos.


    Seguindo os paneis da entrada poderedes dar un breve pero moi interesante paseo pola súa vida, os seus estudos, as súas viaxes, as súas importantes amizades e a longa listaxe das súas exposicións.

















    Atoparedes tamén libros antolóxicos que repasan a súa arte, con páxinas cheas de luz e cor, e reproducións dalgunhas das súas obras pictóricas máis importantes, que son fiestras abertas ás paisaxes nas que habita (Bueu, Pontevedra, Vigo...) e aos mundos que o atraen (o circo, a música...).


    E, como sorpresa e agasallo final, sentímonos moi orgullosos de podervos amosar cinco serigrafías orixinais, realizadas sobre papel Fabriano de 300 gramos, asinadas e numeradas polo autor.












    Non deixedes pasar a ocasión de deleitarvos coa arte! 

    Una pintura es un poema sin palabras. 
    Horacio
    Reacciones: 
    |
    |


  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario