luns, 14 de febreiro de 2022

Día Internacional da muller e a nena na ciencia

O pasado venres 11 de febreiro conmemorouse o día internacional da muller e a nena na ciencia para destacar as contribucións que ao longo da historia achegaron as mulleres á ciencia. Un labor que foi silenciado, repudiado e incluso negado durante séculos.

E como non, no noso centro, achegamos o noso pequeno gran de area dando a coñecer figuras de importancia histórica coma Wang Zhengi, Sophie Germain, Beulah Louise Henry ou Rita Levi-Montalcini, entre outras.




martes, 8 de febreiro de 2022

Paulo presenta....






Onte foi o gran día! Paulo presentou o seu libro Bocados matemáticos na compañía de profesorado e alumnado do centro.







 

domingo, 6 de febreiro de 2022

Presentación de BOCADOS MATEMÁTICOS

 


Este luns, 7 de xaneiro, ao rematar as clases do horario de diurno, teremos a presentación do libro Bocados Matemáticos do noso profesor e compañeiro Paulo González Ogando.

É o momento perfecto para conseguir ter o teu libro asinado polo autor ou.... para rascar esas décimas que che faltan para aprobar as matemáticas.

Animádevos!

luns, 29 de novembro de 2021

Novembro negro

 O 17 de novembro finaba o poeta e narrador Darío Xohán Cabana aos 69 anos. Tras del deixa un legado de novelas, poemas, relatos e encrucillados imposibles impregnados dun léxico lugués do máis variado e rico posible.


Dez días despois a escritora Almudena Grandes falecía aos 61 anos de idade despois dunha vida adicada integramente ás letras e ao labor social.



69 e 61 anos son moi poucos para calquera persoa, e máis cando son persoas que tiñan aínda tanto por contar.

Que a terra lles sexa leve!

xoves, 25 de novembro de 2021

25 de Novembro

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero o noso alumnado de terceiro da ESO elaborou un vídeo no que se analizan os contidos machistas en produtos culturais de masas.

Traballazo!!


venres, 29 de outubro de 2021

DÍAS DAS BIBLIOTECAS: CAPÍTULO 5

 E rematamos con Borja, profesor pertencente ao departamento de Lingua e Literatura castelá. Tocoulle o inconmensurable pracer de pechar esta grande semana.

Borja tráenos un libro dun deses autores que antes ou despois ten que pasar polas nosas mans: El libro de los abrazos de Eduardo Galeano.



"Este libro del autor uruguayo  es una recopilación de relatos que os harán sonreír y os emocionarán; textos tiernos y duros, breves y a la vez profundos; cuentos sobre el amor y la guerra, la cultura, la política o la burocracia, sobre la vida y la muerte, textos sobre la soledad y la amistad. Son relatos adictivos, que enganchan y están escritos con esa sencillez solo al alcance de los más grandes"


E agora... tocaravos pasar pola biblio e aceptar algunha das recomendacións, non? 

xoves, 28 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS: CAPÍTULO 4

E seguimos con esta cadea na que están saíndo títulos ben interesantes. Esta vez é a quenda de Montse do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Desta vez tráennos un libro xa máis entrado en anos: El viento de la luna de Antonio Muñoz Molina.




"Recoméndovos esta novela que conta a vida dun adolescente dunha aldea labrega andaluza na España de 1969, na que semella que o tempo se detivo no pasado. Dun xeito moi íntimo describe a súa transición cara á madurez.

A misión espacial Apolo XI é o pano de fondo desta historia. Mentres o protagonista asiste alucinado á chegada do primeiro home á Lúa, comeza a súa propia viaxe persoal, cuestionándose e rebelándose contra o seu entorno."


E mañá si que xa rematamos co ciclo de propostas!


Pero.... A quen lle toca pechar isto?