Rss Feed


  1. A semana pasada os grupos de 1° ESO visitaron a biblioteca para coñecela e aprender a localizar o material. 




    Ademais, contáronnos como eran as bibliotecas dos seus anteriores centros educativos e como facían alí o seu labor de voluntariado. Aproveitamos tamén para entregarlles os seus diplomas acreditativos, agradecerlles o traballo feito o curso pasado e animalos a participar do voluntariado da Biblio Carballeira. 







    Marcharon co seu número identificativo, que lles permitirá levar libros e outros materiais, e sabendo que aquí terán sempre un espazo para gozar durante o tempo de lecer. 


    Moitas grazas!

  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario