O home ao que se dedica o Día da Ciencia deste ano realizou un inxente labor científico tanto na Botánica como na Meteoroloxía.
Unha longa vida dedicada á ciencia
SE QUERES SABER MÁIS SOBRE BALTASAR MERINO, PINCHA NO ENLACE :
Merino, o científico galego 2017, nun audiovisual
Desde o IES Johan Carballeira queremos celebrar O mes da ciencia. Este é o noso programa :
- Taller destinado ao alumnado de 1º ESO :
Charla impartida por Adrián Lamosa
Exposición PARQUES NATURAIS DE GALICIA( Realizada por VBE)
Charla sobre Materiais intelixentes
impartida por Marta Cabeza
- Exposición ciencia e refuxiados .
A exposición pretende dar a coñecer os científicos e científicas exiliados, así como as súas aportacións á ciencia universal e á sociedade. Todo isto a través dun percorrido histórico cun enfoque artístico que parte da Guerra Civil española ata a Segunda Guerra Mundial, sen deixar de reflexionar sobre a época actual.
Miles de persoas foxen da guerra, de gobernos opresores e da miseria nos nosos días. Moitas outras durante o século XX escapan da represión. Algúns dos refuxiados de entón eran científicos que puideron seguir investigando grazas aos seus países de acollida, como Albert Einstein, Lise Meitner ou Severo Ochoa.
Miles de persoas foxen da guerra, de gobernos opresores e da miseria nos nosos días. Moitas outras durante o século XX escapan da represión. Algúns dos refuxiados de entón eran científicos que puideron seguir investigando grazas aos seus países de acollida, como Albert Einstein, Lise Meitner ou Severo Ochoa.
- Ciencia na Rúa.
Nesta ocasión, son os mozos e mozas de 2º de ESO e 3º PMAR os que comparten con nós o seu traballo Ciencia na Rúa, realizado seguindo as propostas da súa profesora Sonia Ríos dende o
Trátase dun estudo moi completo que inclúe:
- Unha colección de fotografías tomadas nas rúas de Bueu co obxectivo de visibilizar a presenza dos fenómenos físicos e químicos na vila.
- Medicións sobre o impacto medioambiental da actividade humana en Bueu.
-Unha interesante entrevista ao concelleiro de Medio Ambiente.
Como seguro que queredes saber máis, velaí tedes o enlace ás explicacións detalladas na correspondente entrada do blogue do departamento de Física e Química:
0 comentarios:
Publicar un comentario