Os alumnos dos institutos de Bueu participan estes días nun obradoiro de regueifas que culminará nun concurso entre todos os rapaces do Morrazo.
Afondar no coñecemento do galego, aprender a rimar practicando as rimas e a métrica e fomentar a imaxinación son algúns dos obxectivos desta actividade.
Os regueifeiros Pinto de Herbón e Luís O Caruncho, que levan preto de 15 anos impartindo obradoiros coma este, estiveron na nosa biblioteca ensinando aos rapaces a improvisar as rimas partindo dalgunha palabra base.
Nesta Operación Regueifa irán escollendo os mellores para concursar nunha final de todo o Morrazo en Cangas.
Na reportaxe emitida pola TVG no telexornal do mediodía do pasado 27 de abril, os rapaces do noso instituto comentan como gozaron da experiencia e recoméndana a todos os cativos.
Preme no enlace para dirixirte á reportaxe da TVG:
0 comentarios:
Publicar un comentario