O alumnado de primeiro de ESO está a traballar os nosos montes e a súa flora dentro da lectura “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”, libro escollido para a nosa II Feira da Ciencia e Literatura.
E claro, era evidente que iamos falar dos incendios forestais, así que nada mellor que achegarnos a “O Campiño” para recibir formación, de primeira man, polos que apagan o lume nos nosos montes.
Ata puidemos subir nun helicóptero que loita contra o lume!
Tralas explicacións sobre como se apagan os incendios e como traballan nesta base, puidemos coñecer o funcionamento dos camións.
Tivemos unha clase teórica para aprender a calcular a "humidade do combustible lixeiro morto", e dese xeito, ter unha idea da probabilidade de que se produza un incendio un determinado día.
Antes de marchar rumbo a Bueu, deunos tempo de ver un vídeo onde estaba a brigada traballando na extincións de diferentes incendios forestais.
A saída encantounos e aprendemos unha morea de cousas. Volvemos moi sensibilizados ante este problema tan grande na nosa terra. Agradecémoslle enormemente á Consellaría de Medio Rural a súa colaboración para poder facer posible esta actividade.
-
O alumnado de 1º visita a Base de Extinción de Incendios de O Campiño
luns, 25 de marzo de 2019
Publicado por Sofía ás 13:10:00 | Etiquetas: II Feira Ciencia y literatura Bueu | Enviar por correo electrónico BlogThis! Compartir en Twitter Compartir en Facebook |
0 comentarios:
Publicar un comentario