Todo o noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer a vida e os traballos de dous grandes galegos: Ángel Carracedo e Isaac Díaz Pardo.
Moito rimos coas anécdotas que Carracedo foi contándonos sobre a súa vida. Amosounos logros, e tamén fracasos. Explicounos a importancia do esforzo, de como debemos traballar no que nos gusta. E puidemos escoitar ao científico, pero tamén ao pai, ao fillo, á persoa comprometida, ao docente e ata ao pescador. Ademais de todo iso, tivo tempo de darnos unha clase de xenética.
A escritora Loli Beloso falounos da vida de Isaac Díaz Pardo, e como da cerámica que saíu da súa fábrica, fai ela xoias solidarias, pois todos os cartos da súa venda son entregados á Fundación Pública de Medicina Xenómica que o propio Carracedo dirixe. Gran lección a de hoxe para todos nós.
0 comentarios:
Publicar un comentario