Rss Feed
  1. 8 Marzo Día Internacional da Muller

    luns, 11 de marzo de 2019




    Chegou o Día Internacional da Muller. Na Biblio non esquecemos que este ano, na II Feira da Ciencia e Literatura, queremos dar visibilidade ás científicas que polo feito de ser mulleres non viron recoñecidos os seus logros, tiveron un duro camiño para poder estudar e investigar, foron esquecidas ou puideron ver como homes se apropiaron das súas ideas.
    Sabedes quen son Mar Capeáns, Olimpia Valencia, Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín, María Wonenburger,  María Teresa Miras Portugal, Tarsy Carballas ou Inmaculada Paz Andrade? Hoxe queremos amosarvos que fixeron estas grandes científicas galegas en campos tan diversos como as matemáticas, a oceanografía, a física ou a astronomía. Para saberdes sobre elas premede aquí.

    De esquerda a dereita e de arriba cara a abaixo: Olimpia Valencia, Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas e Inmaculada Paz Andrade.

    E lembrade que o noso recuncho feminista na Biblio vai  medrando... pasádevos cando queirades!


    Pechamos a entrada cunha homenaxe musical: "Rexurdimente" de De Vacas, revolta feminista, con Rosalía á cabeza.




  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario