luns, 12 de xuño de 2017

Vídeos de Enquisas Entre Rúas

O alumnado de 3º ESO xa rematou a súa contribución matemática ao Proxecto Entre Rúas: un estudo estatístico pormenorizado e contextualizado sobre as preferencias musicais e cinematográficas, hábitos de lectura, deporte e lecer dos veciños de Bueu.

Para ilustrar como e onde levaron a cabo o seu estudo, realizaron tamén, a proposta da súa profesora de Matemáticas Académicas Luisa Conde, unha serie de montaxes de vídeo e animacións de imaxes e audio nas que aparecen os comercios e tendas que participaron nas súas enquisas e as rúas nas que traballaron.

Podedes visualizalos pinchando no enlace:

Ningún comentario:

Publicar un comentario