venres, 2 de xuño de 2017

25 aniversario de Comediantes Anónimos: comeza a festa!

O grupo de teatro do noso centro, Comediantes Anónimos, celebra este ano o seu 25 aniversario.
E como 25 anos non se cumpren todos os días, imos conmemoralo como merece.

Así, onte xoves 1 de xuño, o salón de actos do noso centro engalanouse para acoller o primeiro dos actos programados para festexar esta data: a proxección da curta Zombi´s River gravada polo grupo de teatro no ano 2006 en San Martín de Trevello (Cáceres).

Pero iso non foi todo, xa que a continuación o grupo de teatro do colexio Eduardo Pondal de Cangas do Morrazo representou a obra "Adolescentes" de Alfredo Mantorani.

Unha tarde redonda para os moitos apaixonados do teatro no IES Johan Carballeira!



Ningún comentario:

Publicar un comentario