🕊️ O vestíbulo do instituto acolle estes días unha exposición sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, cedida por Amnistía Internacional.
A mostra presenta, a través de diferentes paneis, algúns dos artigos fundamentais da Declaración aprobada en 1948. Neles recóllense principios básicos como a igualdade entre todas as persoas, a liberdade, a dignidade humana, o dereito á seguridade, á xustiza ou á protección fronte á discriminación.
O obxectivo da exposición é convidar á reflexión e lembrar que os dereitos humanos constitúen a base dunha sociedade democrática e xusta. Coñecelos é o primeiro paso para poder defendelos.
Animamos a toda a comunidade educativa a achegarse ao vestíbulo e dedicar uns minutos a ler os paneis desta exposición, que nos lembra que os dereitos humanos son universais e pertencen a todas as persoas.

.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
