martes, 17 de xaneiro de 2017

O noso voluntario Daniel Durán, de novo na prensa

O pasado venres 13 de xaneiro, o xornal Diario de Pontevedra publicaba na súa edición do Morrazo unha entrevista co alumno do IES Johan Carballeira, e voluntario da nosa biblioteca escolar, Daniel Durán. 

Como sabedes, Daniel é un rapaz apaixonado pola literatura, que un día decidiu encargarse dun proxecto tan grande e complicado coma ilusionante: reabrir a antigua biblioteca da súa parroquia e reconvertila na actual axencia de lectura de Meiro.

Lamentamos non poder proporcionarvos o enlace ao artigo, xa que non dispoñemos del, pero deixámosvos unha fotografía tomada directamente das páxinas do xornal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario