Dende o departamento de Lingua e Literatura Galega, durante o pasado confinamento propuxémoslle ao alumnado que plasmase os seus sentimentos e emocións en palabras.
De aí xurdiron estes fantásticos poemas que nos lembran un momento xa pasado que agardamos non volver vivir.
Co gallo do Día da Letras Galegas convidámosvos a encher as redes socias de música en galego.
Quen dixo que en galego só existe música tradicional? Trap, pop, rap, reguetón, rock, indie, folc...o galego é a lingua empregada por numerosos grupos e artistas para a súa música. Animádesvos a coñecelos e presentárllelos ás vosas seguidoras e seguidores?
Durante esta semana, semana das Letras Galegas, propoñémosvos pendurar nas vosas redes sociais (Facebook, Instagram, Twetter, TikTok...) cancións en galego dos estilos que máis vos gusten; podedes acompañalas do que queirades (imaxes, textos, vídeos...), pero sempre debedes publicalas co cancelo #carballeiraaoritmodasletras.
Ademais, se empregades o Facebook ou o Instagram, podedes nomear tamén o instituto (IES Johán Carballeira en Facebook e @iesjcarballeira no Instagram).
Como dixo Ricardo Carvalho Calero: “Galiza nace à historia quando o galego nace”, non deixedes que esmoreza.
Esta é a nosa escolla e a nosa pequena homenaxe ao autor, agardando que o 17 de maio de 2021 poidamos celebrar como merece o seu Día das Letras Galegas.
Desde Bibliocarballeira desexámosvos un Feliz Día do Libro a todos e a todas e agradecémosvos a colaboración ás persoas que permitistes que o poidamos celebrar con este vídeo.
Como sabedes, o vindeiro XOVES 23 DE ABRIL celébrase o Día Internacional do Libro e este ano toca facelo en confinamento.
Por este motivo, desde Bibliocarballeira propoñémosvos que nos enviedes un vídeo dunha duración aproximada dun minuto no que saiades lendo en voz alta un fragmento do libro que escollades.
Para a xente vergonzosa, pode valer con que só se escoite e se vexa o libro.
Ten que parecer que alguén volo pasa e que logo de ler vós llo pasades a alguén.
A escritora Ledicia Costas visitou o pasado 3 de marzo a nosa biblioteca, grazas ao programa do MEC "Encuentros Literarios". A autora conversou co alumnado de 1º de bacharelato sobre o seu libro Infamia e co de 1º de ESO sobre A balada dos unicornios, obra sobre a que se está traballando para a III Feira da Ciencia e Literatura.
Explicounos que desde moi nova quixo ser escritora para poder crear o libro que a ela lle gustaría ler e que hai uns anos deixou o seu oficio de avogada para dedicarse en exclusiva a esta actividade, co que conseguir converter a súa paixón na súa profesión.
Confesounos que nalgún momento da escrita de Infamia sufriu, ao relatar momentos moi duros, como os abusos sexuais a menores ou a violación dunha das protagonistas. Tamén nos dixo que, aínda que en principio deixou moi aberto o final da novela para escribir unha segunda parte, agora non sabe se estará á altura das expectativas que se están creando, pois xa recibiu moitas peticións de continuación.
Pola súa banda, A balada dos unicornios levounos a reflexionar sobre a presenza da violencia no libro e nos videoxogos ou na televisión, pois parece que nos acostumamos a vela diante da pantalla pero non entre as páxinas dunha novela. Tamén falamos do famoso asasino Jack o Destripador, que aparece nun libro que pretende visibilizar as mulleres marxinais e que case nunca se tiñan en conta. A autora recoñeceu que para ela é difícil atoparlles un título ás súas obras pero neste tiña claro que quería que aparecese a palabra "unicornio".
Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora grazas a esta escritora tan cercana e que sempre ten algo que nos ensinar.