📝 ✒️✨ A poesía apareceu entre as palabras
Na BiblioCarballeira xa coñecemos as propostas gañadoras do concurso “Para brillar na escuridade”, organizado con motivo das Letras Galegas 2026 que conmemoran a figura de Begoña Caamaño.
Ao longo destes días, o alumnado participou nunha actividade de poesía escurecida, creando novos poemas a partir de textos xa existentes mediante a selección e ocultación de palabras. O resultado foi unha colección de composicións moi orixinais nas que se combinaron lectura, creatividade e expresión artística.
O xurado quere destacar, sobre todo, o enorme nivel e implicación das persoas participantes: houbo 93 proposas a concurso!
📚✨ Grazas a todas as persoas que decidiron buscar poesía entre as páxinas e facer brillar novas palabras desde a escuridade.
📸 Deixámosvos unhas imaxes das obras premiadas:
.jpeg)


.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario