Como sabedes, o vindeiro XOVES 23 DE ABRIL celébrase o Día Internacional do Libro e este ano toca facelo en confinamento.
Por este motivo, desde Bibliocarballeira propoñémosvos que nos enviedes un vídeo dunha duración aproximada dun minuto no que saiades lendo en voz alta un fragmento do libro que escollades.
Para a xente vergonzosa, pode valer con que só se escoite e se vexa o libro.
Ten que parecer que alguén volo pasa e que logo de ler vós llo pasades a alguén.
Se vos animades tedes que envialo a bibliocarballeira@iesjohancarballeira.com ata o mércores 22 de abril.
Botádelle imaxinación que seguro que queda estupendo!!
0 comentarios:
Publicar un comentario