LIBROS QUE NOS UNEN
Queridas lectoras e queridos lectores!
Estamos vivindo uns días estraños,
nos que temos que pensar que os nosos esforzos e incomodidades pagan moito a pena.
Ademais de ordenar os nosos cuartos,😉 realizar todas as actividades que nos vaian propoñendo
e falar máis con toda a familia, desde a Biblioteca propoñémosvos...
QUE NOS VAIADES CONTANDO QUE LIBROS, XOGOS OU PELÍCULAS
VOS ESTÁN AXUDANDO A PASAR O TEMPO NA CASA E ENSINÁNDOVOS ALGO NOVO.
OU SIMPLEMENTE QUE COMPARTAMOS OS NOSOS PENSAMENTOS.
Podedes enviarnos os vosos comentarios a este blog, as vosas fotos ao Instagram e todo o que queirades compartir.
Agradecémosvos anticipadamente a vosa colaboración e animámosvos
a que leades moito para medrar como persoas.
Quen se anima a empezar?
Eu rematei "A casa das belas adormentadas" de Yasunari Kawabata.Relata unha historia moi curiosa que fai sentir a quen le o sopor desa estraña casa relaxante e asfixiante a un tempo. Breve, intensa e cun final inesperado.
Peli que botaron hai uns días na 2, El día que mi padre mató a mi madre. Soa sangrienta pero é unha comedia de enredo cun final non tan tráxico.Para que riamos un pouco.