Achégase a Semana do 8 de marzo, que dende hai anos vén sendo o Día Internacional da Muller, e o equipo da Biblioteca organiza un gprograma de charlas e actividades destinado ao noso alumnado. Neste caso centrámonos nos grupos de 3.º A e 4.º da ESO, 2.º Bacharelato A e .4º da ESA; recibirán a visita de mulleres con distintos oficios para falar con elas sobre como chegaron até aí, en que consiste o seu traballo, se sufriron ou sofren algunha discriminación polo feito de seren mulleres e todo aquilo que teña que ver con esas cuestións. Ídevos preparando para aproveitar ao máximo esas charlas, que a ben seguron han resultar de grande interese!
-
Roldas de prensa profesionais
venres, 3 de marzo de 2023
Publicado por Biblioteca do IES Johan Carballeira de Bueu ás 13:14:00 | Etiquetas: 8m, marzo, muller, muller traballadora, rolda de prensa | Enviar por correo electrónico BlogThis! Compartir en X Compartir en Facebook |
0 comentarios:
Publicar un comentario