Rss Feed
  1. CARBALLEIRA AO RITMO DAS LETRAS

    luns, 11 de maio de 2020

    Carballeira ao ritmo das Letras
    Co gallo do Día da Letras Galegas convidámosvos a encher as redes socias de música en galego.
    Quen dixo que en galego só existe música tradicional? Trap, pop, rap, reguetón, rock, indie, folc...o galego é a lingua empregada por numerosos grupos e artistas para a súa música. Animádesvos a coñecelos e presentárllelos ás vosas seguidoras e seguidores?
    Durante esta semana, semana das Letras Galegas, propoñémosvos pendurar nas vosas redes sociais (Facebook, Instagram, Twetter, TikTok...) cancións en galego dos estilos que máis vos gusten; podedes acompañalas do que queirades (imaxes, textos, vídeos...), pero sempre debedes publicalas co cancelo #carballeiraaoritmodasletras.
    Ademais, se empregades o Facebook ou o Instagram, podedes nomear tamén o instituto (IES Johán Carballeira en Facebook e @iesjcarballeira no Instagram).

    Como dixo Ricardo Carvalho Calero: “Galiza nace à historia quando o galego nace”, non deixedes que esmoreza.
    Esta é a nosa escolla e a nosa pequena homenaxe ao autor, agardando que o 17 de maio de 2021 poidamos celebrar como merece o seu Día das Letras Galegas.




  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario