sábado, 13 de abril de 2019

Fernando Aguado vén ao Johan Carballeira

O martes 26, Fernando Aguado veu dar unha charla ao alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.
Na entrada anterior puidestes ver o que a prensa subliñou do seu paso polo Johan Carballeira... e con que nos quedamos nós?
Pois co seu didactismo e o bo rato que nos fixo pasar aprendendo cousas.
Non só falou de nanosatélites, falamos de detectar vida noutros planetas, da ética no gasto en astronáutica, do método científico, de futuro profesional, gustounos como animou ás nosas rapazas para que escollan carreira científicas e tecnolóxicas e como loubou o ensino en Galicia, que prepara ao alumnado para traballar en calquera equipo de investigación punteiro.
Fernando prestouse a resolver todas as dúbidas que o alumnado tivese respecto á charla ou incluso do seu futuro profesional para aqueles que xa teñen claro que queren estudar unha enxeñería.



Agradecemos a Fernando ternos adicado o seu tempo, realmente foi unha charla na que alumnado e profesorado sacamos moito proveito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario