martes, 23 de abril de 2019

Campaña de Reciclaxe no insti



Dende o Departamento de Tecnoloxía, e inspirándonos no libro da II Feira "La vuelta al mundo de un forro polar rojo", iniciouse no centro este curso unha campaña de reciclaxe.
O alumnado de 3º de ESO formouse nesta temática por medio de diversas actividades: unha charla de SOGAMA, a visita ao composteiro de As Lagoas cunha clase "in situ" da mestra e o mestre composteiro, unha charla de Pilabot (concurso no que participou todo o alumnado e do que podedes ver os resultados do top ten da reciclaxe aquí) e unha charla de Resíduo Mínimo Morrazo.






O alumnado de 3º foi ás aulas de 1º e de 2º para explicarlles como hai que reciclar e puxéronse contedores de papel, plástico e pilas na entrada e na sala do profesorado e de plástico e papel nas aulas e despachos.
Para a reciclaxe, contamos co labor indispensable do persoal de limpeza a quen lle agredecemos o seu esforzo.



Enmarcado nesta campaña, o alumnado que ten horas de titoría presenciais, adican unha vez ao mes para percorrer o centro e comprobar que non haxa papeis, plásticos e outro lixo polo chan e no patio.
Pasados estes meses, e sabendo que aínda temos marxe para mellorar, valoramos moi positivamente o cambio de hábitos que se está a producir. Bo traballo!

1 comentario:

  1. Impresionante. Que estupenda iniciativa. Parabéns ao alumnado e aos profesionais que o xestionan.

    ResponderEliminar