xoves, 28 de febreiro de 2019
Entroido no Johan Carballeira
Dende a Biblioteca organizamos unha exposición da historia do entroido en Bueu. Se queredes vela con calma dende a vosa casa, preparádevos, collede unha orella, unha filloa ou unha flor e premede aquí.
E vós, formades parte dalgunha comparsa? Gústavos vivir o Entroido? Preparades o disfrace con tempo ou sodes dos que se deixan enlear no último momento?
Este venres saberémolo, pois xa chega o gran día! Está todo preparado para o Entroido no Johan Carballeira. E... quen gañará o concurso este ano?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario