Rss Feed
  1. Construíndo o Saturn V

    luns, 18 de febreiro de 2019

    Continuamos a preparar a nosa II Feira da Ciencia e Literatura dende o instituto.
    Hoxe tocou xogar no recreo, pero cun xoguete novo, o noso Lego do Saturn V, un foguete que utilizou a NASA nos programas Apolo e Skylab.


    Este traballo está englobado dentro da lectura da obra de Jules Verne "Da Terra á Lua"e nel participou o alumnado de Física e Química de 4ºA.
    Coa montaxe estamos vendo como o foguete é por dentro, e aos poucos, vamos ensamblando as distintas pezas con ganas de ver o resultado final.
    Imos rápido, pois ao traballar en grupo de xeito colaborativo, somos moitas mentes pensantes e aínda máis mans dandolle forma ao noso Saturn V.
    Cando estea listo poderemos manipulalo para ver as partes que foi perdendo durante a sua travesía ata a Lúa... xa nos tarda!












  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario